ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

ADMISIÓN  NOVO ALUMNADO

CURSO 2021-2022

Este ano debido a situación COVID-19 non se farán xornadas de portas abertas, aínda así, se algunha familia está interesada en coñecer o centro pode facelo pedindo cita previa.

 

O alumnado matriculado ata 5º de Educación Primaria non ten que facer ningún trámite xa que o centro os matriculará automáticamente.

 

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 22 DE MARZO

 

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

 

1.- Solicitude de admisión debidamente cumprimentada e debidamente

asinada (modelo ED550B) que facilita o Centro ou a través da

aplicación admisionalumando.

 

2.-  Fotocopias do libro de familia:

- da folla de inscrición do neno/a.

- da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

- da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro (no caso de telos).

 

3.- Fotocopia do D.N.I. do alumno (de telo), pai e nai (ou titores legais).

 

4.- Informe médico.

 

5.- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

6.- Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

 

7.- Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o

domicilio de todos os membros da unidade familiar.

 

8.- Dúas fotografías tamaño carné.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

- Cada alumn@ só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite

praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda

dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

-A solicitude terá que estar preferiblemente asinada polos dous titulares da

patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio

será necesaria a sinatura de ambas/os proxenito- ras/es, agás que a patria

potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos

casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a

resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta

solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo,

ao centro de orixe.

 

Proceso de admisión regulado na Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se

desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros

docentes sustentados con fondos públicos, modificada pola Orde do 25 de

xaneiro de 2017 e a Orde do 18 de decembro de 2020.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer