Skip to Content

blogue deadmin

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Acaba de publicarse no DOGA, as instruccións para a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e de material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundario Obrigatoria e Educación Especial nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2023/2024.

 

Poden consultar toda a información do DOGA no seguinte enlace.

 

  • Para participar, poden recoller o impreso na secretaría do centro.
  • Tamén se pode facer na sede electrónica no seguinte enlace.
  • Se queredes traer o impreso cuberto dende os vosos domicilios, os códigos dos procedemenos son: ED330B, ED330G e ED330H.

 

O prazo de presentación é dende o 20 de maio, ata o 21 de xuño de 2021, tanto de xeito presecial, como de xeito telemático na sede electrónica.

D. Francisco Fernández del Riego.

Para saber máis sobre a figura de D. Francisco Fernández del Riego:

Charla de D. José Raposeiras C. sobre D. Francisco Fdez. del Riego.

Hoxe contamos coa presenza no noso centro de D. José Raposeiras para falarnos do seu encontro e experiencias co autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas Don Francisco Fernández del Riego.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido para vindeiro curso 2023-24

Estimadas familias:

Podedes consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2023-24. Estas listas están no taboleiro de anuncios que está a carón da secretaría do centro.

Estas listaxes non se poden publicar na web do centro por razóns la lei de protección de datos.

Moitas grazas.

Semana do Libro

Esta semana o alumnado do noso centro levou a cabo actividades en relación coa celebración do Día do Libro.

O alumnado de 2º B levou a cabo unha actividade de poesía.

 

 

 

Unha delas foi un obradoiro de marcapáxinas e a outra podédela ver nas entradas do centro.

 

 

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Publicadas as l¡staxes de admitidos e excluidos para o curso 2023-24.

Podedes consultar estas listas no taboleiro de anuncios do centro (a carón de secretaría).

Contra estas listas se pode interpoñer recurso  no seguinte prazo, do 26 de abril ao 3 de maio, no centro.

FELIZ DÍA DO LIBRO

Felíz día do libro.

Hoxe participamos no TROCALIBROS. Agradecer a toda a comunidade educativa do noso centro a participación nesta actividade no día do LIBRO. 

Grazas pola xenerosidade de aportar  libros  que xa non lemos e posibilitar que teñan unha segunda vida, por formar parte dunha actividade na que involucramos a profesorado, familias e alumnado. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut