Xeral
O equipo de Normalización anímavos a que desde as titorías invitedes, animedes, alentedes, afoutedes, incitedes...ao voso alumnadoa que participe dos podcast de radio dun máximo de 30 segundos, nos que graven un audio contando un relato curtiño, unha poesía, unha canción ou o que vós suxirades. Faríase unha carpeta de cada categoría. Eu iríaas subindo así como mas vaiades enviando ao seguinte correo: montexano2ab@gmail.com . Con este tipo de actividade creo que traballamos de xeito transversal moitas das competencias básicas en calquera dos niveis. Grazas de antemán pola vosa colaboración.