Secretaría

Convocatoria fondo libros e axudas adquisición libros texto e material escolar. Curso 2024/2025

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo libros e/ou adquisición de libros de texto e material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

 

 

 

Calendario tramitación solicitudes e datas publicación listaxesMáis información neste enlace

A quen vai dirixido?

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

Requisitos

 Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

Documentación para a presentación

Solicitudes 

- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2023/24. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino no que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

 

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

 

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Así mesmo, a aplicación informática fondolibros  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

 

- A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver, ao finalizar o curso, os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

 

Documentación complementaria

 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

1º. Certificado ou volante de convivencia.

 

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

 

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

 

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

h) Outra documentación.

 

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

 

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

 

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

 

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras e nos casos de violencia de xénero en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

 

Comprobación de datos

 

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

 

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

 

b) DNI ou NIE da persoa representante do/da solicitante.

 

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

 

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica, de ser o caso.

 

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ou superior ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

 

En ambos os casos, a data de referencia é o 31 de decembro de 2022.

 

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario respectivo e achegar os documentos.

 

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar:

 

a) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar do exercicio 2022.

 

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

 

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

 

 

 

Listaxe Definitiva alumnado admitido e información para a matrícula no curso 2024/2025

Xa poden cunsultar as listaxes definitivas do alumnado solicitante de praza para o curso 2024/2025.

A relación do alumnado admitido está exposta nos taboleiros de anuncios internos dos edificios do CEIP A Lomba e Anexo

A Lomba. 

 

PRAZO DE MATRÍCULA: do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024, na secretaría do CEIP A Lomba en horario de

atención ao público de 09:15 a 13:00h.

 

 IMPORTANTE: de non presentar a a matrícula nas datas sinaladas, perderáse o dereito á praza adxudicada.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA:

- Impreso de matrícula (será facilitado na secretaría do CEIP A Lomba a partir do 10 de xuño)

- 3 fotrografías recentes, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.

- Fotocopia do DNI e/ou folla do libro de familia onde conste o alumno.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno.

- Fotocopia do libro de vacinas onde están rexistradas as que ten subministradas ata a data actual.

- Certificado académico ou boletín de notas do curso 2023/2024, se o alumno se matricula nun curso diferente a 4º de infantil.

Convocatoria de axudas Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Curso 2024/2025

Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidades educativas de apoio (NEAE), que convoca o Ministerio de Educación para o curso 2024/2025

Máis información no seguinte enlace https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

O formulario é accesible por internet no enderezo: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html#dc ou  a través da sede electrónica do Ministerio de Educación  no enderezo https://sede.educacion.gob.es

 

 

 

 

 

Publicación listaxes alumnado admitido para o curso 2024/2025.

Nos taboleiros de anuncios internos do CEIP a Lomba e Anexo A Lomba, poden consultar as listaxes de alumnado admitido para o curso 2024/2025.

O prazo de reclamación a estas listaxes é do 26 de abril ao 3 de maio de 2024, na secretaría do CEIP A Lomba.

O prazo para formalizar a matrícula do alumnado admitido é do 24 de xuño ao 1 de xullo de 2024, na secretaría do CEIP A Lomba en horario de 09:15 a 13:00 horas.

Solicitude Comedor Escolar e Transporte Escolar para o curso 2024/2025

Do 2 ao 30 de abril de 2024 estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2024/2025. Estas datas son so para o alumnado que está actuamente matriculado no CEIP A Lomba. O alumnado que se incorpore por primeira vez ao noso centro fará a solicitude xunto coa matrícula, do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024.

O impreso de solicitude de comedor pode ser descargado aquí ou poden recollelo na conserxería do colexio.

As solicitudes, xunto coa documentación que se detalla máis abaixo, será entregada na secretaría do CEIP A Lomba en horario de 09:15 a 13:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:

- Certificado de convivencia da unidade familiar.

- Autodeclaración da renda do exercício 2023 (este impreso estará dispoñible a finais de xuño, preguntar na secretaría por esas datas)

- Informe do asistente social do Concello certificado polos Servicios Sociais ou municipais correspondentes onde se acredite unha situación socioeconómica de exclusión social ou unha incapacidade igual ou superior ao 33%, da/o alumna/o. (se é o caso)

- Título de familia numerosa, ten que estar vixente no momento de solicitar o comedor. (se é o caso)

 

- Se alegan incompatibilidade horaria de ambos os dous proxenitores ou titores legais coa saída da/o filla/o ao mediodía terán que achegar ademáis da documentación arriba indicada:

TRABALLADORES POR CONTA ALLEA:

  • Certificación da empresa, onde conste o nome do traballador coa duración da xornada e o horario de traballo.
  • Informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público.

TRABALLADORES POR CONTA PROPIA:

  •  Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da  actividade económica, e o horario que require a actividade.

 

Renovación Transporte Escolar, materia optativa e datos matrícula para o curso 2024/2025

Do 2 ao 30 de abril de 2024, está aberto o prazo para a renovación do transporte escolar, escollla da materia optativa e datos matrícula para o curso 2024/2025.

O impreso, xunto coa documentación solicitada, será entregado na secretaría do CEIP A Lomba en horario de 09:15 a 13:00 horas. O formulario xa lles foi entregado a todo o alumnado.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:

- Alumnado que pasa de 6º de infantil a 1º de primaria:

  •  2 fotos actuais, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso. (Non sería preciso entregar as fotos se se incorporaron ao centro no curso 2023/2024)
  •  Fotocopia do DNI, NIE se o ten.

- Alumnado que pasa a 3º ou 5º de primaria:

  • 1 foto actual, tamaño carné, co nome e apelidos no reverso.
  • Fotocopia do DNI, NIE se o fixo recentemente ou non o entregou nunca na secretaría. (Non sería preciso entregar a foto se se incorporaron ao centro no curso 2023/2024)

- Alumnado que pasa a 2º, 4º ou 6º de primaria:

  • Fotocopia do DNI, NIE se o fixo recentemente ou non o entregou nunca na secretaría.

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO (ED550B), CURSO 2024/2025

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025.

 

· Prazo de presentación de solicitudes:  do 1 ao 20 de marzo

              

     Solicitude admisión en galego

   

      Solicitud admisión en castellano

  

 

              

 IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.

 

 · O formulario de solicitude está dispoñible e pode presentarse:

 

Ø A través da aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/   (solicitudes>admisión).  A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto

con toda a documentación que se indica máis abaixo.

 

Ø Na sede electrónica da Xunta   mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario

entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.

 

Ø Na secretaría do centro, en horario de 09:15 a 13:00. Hai que recoller o  impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica a

seguir.

 

  • Documentación que se debe achegar xunto coa Solicitude + Anexo II Bis:

 

o Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

o Certificado de matrícula e/ou certificación do/s curso/s realizado/s anteriormente se se solicita un curso diferente a 4º de ed. infantil.

                       o  De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Ante calquer dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 15 18 12

 

  •  Outra información de interese:

 

 - Vacantes ofertadas.

 - Área de influencia do CEIP A Lomba.

Criterios de baremo.

Número para resolver o empate na puntuación baremo admisión 2024/2025

 - Acreditación familia monoparental

 - Instruccións do cálculo da renda no apartado de baremo.

Manual das familias para cumprimentar a solicitude de admisión.

 

   Calendario do proceso

 

Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

  Número de desempate na puntuación final de admisión no curso 2024/2025.

  Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

 Presentación da solicitude de admisión: 1 – 20 de marzo (ambos incluidos).

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.  Do 21 de marzo ao 11 de abril. 

  Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  25 de abril.

  Reclamación das  listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas:  do 26 de abril ao 3 de maio. (na secretaría do centro onde presentou a solicitude)

  Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

  Reclamación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, no prazo de 1 mes presentación de Recurso de alzada ante o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra.

  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: Do 20 de xuño ao 1 de xullo.

  Formalización da matrícula en ESO: Do 23 de xuño ao 7 de xullo. (consultar na páxina web do centro de Ensinanza Secundaria onde se vaia a formalizar a matrícula por se teñen uns días específicos para a matrícula de cada curso)

 

 Normativa

 

  • DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I

 

  •  Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).

 

  • Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023).

 

Máis información en http://www.edu.xunta.gal

 

 NOTA: Esta información iráse actualizando a medida que teñamos máis información da Consellería de Educación.

 

 

Distribuir contido