Solicitude Comedor Escolar e Transporte Escolar para o curso 2024/2025

Do 2 ao 30 de abril de 2024 estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2024/2025. Estas datas son so para o alumnado que está actuamente matriculado no CEIP A Lomba. O alumnado que se incorpore por primeira vez ao noso centro fará a solicitude xunto coa matrícula, do 20 de xuño ao 1 de xullo de 2024.

O impreso de solicitude de comedor pode ser descargado aquí ou poden recollelo na conserxería do colexio.

As solicitudes, xunto coa documentación que se detalla máis abaixo, será entregada na secretaría do CEIP A Lomba en horario de 09:15 a 13:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑARÁ A SOLICITUDE:

- Certificado de convivencia da unidade familiar.

- Autodeclaración da renda do exercício 2023 (este impreso estará dispoñible a finais de xuño, preguntar na secretaría por esas datas)

- Informe do asistente social do Concello certificado polos Servicios Sociais ou municipais correspondentes onde se acredite unha situación socioeconómica de exclusión social ou unha incapacidade igual ou superior ao 33%, da/o alumna/o. (se é o caso)

- Título de familia numerosa, ten que estar vixente no momento de solicitar o comedor. (se é o caso)

 

- Se alegan incompatibilidade horaria de ambos os dous proxenitores ou titores legais coa saída da/o filla/o ao mediodía terán que achegar ademáis da documentación arriba indicada:

TRABALLADORES POR CONTA ALLEA:

  • Certificación da empresa, onde conste o nome do traballador coa duración da xornada e o horario de traballo.
  • Informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público.

TRABALLADORES POR CONTA PROPIA:

  •  Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da  actividade económica, e o horario que require a actividade.

 

AdxuntoTamaño
Normativa comedor escolar e transporte.pdf509.27 KB
Decreto 132-2013, de 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependnetes da consellería con competencias en materia de educación.pdf802.89 KB
Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de educación..pdf70.4 KB