BENVIDOS Ó CURSO 2022-2023

Estimadas familias: 

 

Dámosvos a benvida ó novo curso 2022-2023. Xa esta mañá fixemos o mesmo cos 15 novos mestres e mestras que se incorporan con moita ilusión á nosa escola. Todavía agardamos o nomeamento de 5 substitutos. 

 

Esta mañá estivemos a traballar dende moi cedo ante este novo reto que se nos presenta, adxudicando as distintas titorías, e seguiremos facéndoo ó longo destes días para ter todo a punto de cara á chegada dos cativos e cativas. 

 

Sabemos que estades pendentes de mercar o material dos vosos fillos e fillas. Ante a situación que vos temos exposto pedímosvos un pouco de paciencia. Intentaremos publicar as listaxes antes do sábado. De calquera xeito, estade tranquilos. Non pasará nada se o día 8 non tedes preparado todo o material. 

 

Unha aperta e Feliz curso.