FOLGA DO ENSINO
INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA DE ENSINO
CONVOCADA PARA O DÍA 12/12/19
Neste centro están garantidos os servizos mínimos cunha persoa responsable do Equipo Directivo:
Patricia Rodríguez
En Vigo, a 11 de decembro de 2019
O NOSO PDI DO CURSO PASADO, PREMIADO NO VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS
Por segundo ano consecutivo, o noso colexio resultou merecente deste premio.
Parabéns a toda a Comunidade Educativa!
Máis información no blog da Biblioteca.
ASÍ FOI O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Libros e Xogos de pistas
Deixámosvos aquí o enlace ó blog da Biblioteca, no que podedes consultar as actividades que desenvolvemos para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares.
A BIBLIOTECA DA MAGA TOMASA, BIBLIOTECA CREATIVA
Comezou o curso cunha boa nova: tras a correspondente solicitude, o noso centro foi admitido no programa Biblioteca Creativa, o que suporá un novo enfoque das actividades que vimos desenvolvendo ata o de agora na nosa Biblioteca.
Mentres remata o seu acondicionamento, deixámosvos co enlace á páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares na que se da conta da resolución.
https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1244
TRAS O SAMAINGOSTO... VÉMONOS O LUNS!
Aínda que o tempo non acompañou, finalmente puidemos celebrar os xogos do Magosto co alumnado de Primaria. Unha xornada colorida, na que a rapazada achegouse maquillada e vestida cos disfraces do Samaín. No seguinte enlace poderedes acceder á galería de fotos.
https://photos.app.goo.gl/9D2RSNgARYpiCmSf7
E nestoutro atoparedes imaxes da xornada no pavillón de Educación Infantil:
https://photos.app.goo.gl/8eHTrfnPYMu2wtVNA
Aproveitamos para lembrarvos que, segundo o Calendario escolar, mañá día 31 de outubro celébrase o Día do Ensino, polo que non haberá clase.
Vémonos o luns!