NOTA ACLARATORIA MATERIAL INGLÉS PRIMARIA

O alumnado que xa dispoña de diccionario de inglés de cursos anteriores non ten que mercar ningún outro. A recomendación de diccionario que aparece na nota de material entregada a fin de curso é para aqueles nenos/nenas que precisen mercar un porque non teñen.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017 / 2018

Publicado no DOG do 22 de xuño de 2017 o calendario escolar para o vindeiro curso 2017/2018.

PRIMEIRO PREMIO "NÓS TAMÉN CREAMOS!"

O noso centro resultou premiado na VI edición dos Premios a curtas de animación en galego "Nós tamén creamos!", organizado ola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesionbal e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de RTVG e con OQO editora.

O premio concedido corresponde á modalidade de 1º e 2º de Primaria, pola curta "O mundo nos ollos" que foi creada polo alumnado de 1º e 2º xunto coas súas titoras, a mestra de relixión e a directora do centro.

 

PARABÉNS!!!

 

CIRCULAR INFORMATIVA XUÑO 2017

Circular informativa correspondente ao mes de xuño de 2017.

 

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO-CURSO 2017/18

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO - FONDO SOLIDARIO LIBROS

 

O día 22 de maio de 2017 publícase no DOG a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

 

O prazo para presentar solicitudes iníciase o día 23 de maio e rematará o 23 de xuño de 2017 (inclusive). LEMBRAR QUE O ALUMNADO QUE INCICIARÁ A ESO NO VINDEIRO CURSO DEBE REALIZAR ESTE TRÁMITE NO IES ONDE REALIZOU A SÚA MATRÍCULA ANTES DO 23 DE XUÑO.

 

Pódese acceder á orde premendo na imaxe.

 

Distribuir contido