BO NADAL!

 

Nestas datas tan entrañables, a nosa Comunidade Escolar quere compartir convosco os seus desexos de Paz e Prosperidade

Facémolo da man do alumnado de Primeiro Ciclo de Primaria, que o día 22 acudía a Alento a felicitar o Nadal coas súas preciosas voces anxelicais. 

 

 

BO NADAL!

AMPLIACIÓN AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR (Educación Primaria)

Estimadas familias: 

A Consellería de Educación ven de aprobar unha ampliación das axudas de material escolar por importe de 25 €, concedida automaticamente ó alumnado xa beneficiado con anterioridade. Podedes consultar a Resolución no seguinte enlace

Estes cheques deben gastarse antes do 1 de decembro de 2022

As persoas beneficiadas podedes pasar por Secretaría para recoller os cheques o vindeiro venres 21 de outubro entre as 09:15 e as 10: 30 horas. No caso de non poder acudir ese día, pedímosvos que vos comuniquedes a través do email explicando as vosas circunstancias. 

Un saúdo. 

Distribuir contido