COMEDOR ESCOLAR

Aínda que a información referente ó comedor escolar a podedes atopar no apartado PAIS/NAIS - COMEDOR, non está mal facer un pequeno recordatorio do máis salientable, agora que estamos comezando o curso. Por iso vos deixamos neste arquivo adxunto un cartel para poder consultar.

LIBROS INGLÉS INFANTIL

Este é un aviso para os pais/nais de alumnos que o vindeiro curso estarán nas clases de infantil de 4 e 5 anos.

Aínda que nas listaxes de libros aparecía o libro de inglés, de momento non o merquedes. Daremos novo aviso en setembro.

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA

Por fin o sol luciu en Navia e no CEIP Alfonso Rodríguez Castelao puidemos disfrutar dunha estupenda tarde de festa chea de xogos e animacións que fixeron as ledicias de todos. Non faltaron a entrega de lembranzas aos nenos e nenas de 6º que deixan o cole nin a merendola na que os pais e nais colaboraron.

Na galería podedes atopar as fotos desa fantástica tarde.

Bó verán a todos!!!

FESTA DE FIN DE CURSO

Información sobre a festa de fin de curso organizada pola ANPA na sección

PAIS/NAIS > NOVAS.

LETRAS GALEGAS- LOIS PEREIRO

No blog de ENDL atoparedes actividades moi interesantes sobre a figura de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano na celebración do Día das Letras Galegas.

PUBLICACIÓN LISTAXES DIFINITIVAS

Xa podedes consultar no colexio as listaxes definitivas dos alumnos admitidos para o vindeiro curso.

Distribuir contido