Skip to Content

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos (II)

0 Array
Array

Estimadas nais e pais:

A Xunta Electoral constituída segundo o establecido no Decreto 92/1988 para organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, fixou na súa reunión do día 5 de novembro o calendario que vos adxuntamos.

Segundo ese calendario, dende o día 6 ata o día 14 de novembro, estarán expostos no Centro os censos electorais e poderán presentar candidaturas todas as nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar. Para iso terán que pasar polo colexio onde se lles facilitará un modelo de credencial. O prazo de admisión de candidaturas remata tamén o día 14 do presente mes.

O día 26 de novembro terán lugar as votacións dos diferentes sectores para elixir os seus representantes. O horario de votación para o sector de nais e pais do alumnado será de 12 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Queremos lembrarvos que:

• Nesta convocatoria corresponde unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, no sector de nais e pais corresponde a renovación de dous dos vosos representantes.

• Todas as nais e pais sodes electores, é dicir, podedes votar os dous.

• Todas as nais e pais sodes elixibles, sempre que presentedes a vosa candidatura.

• Para poder votar debedes estar correctamente inscritos no censo.

Unha vez máis, poñémonos á vosa disposición para intentar resolver calquera dúbida que teñades.

Un saúdo.

O director

AdxuntoTamaño
10_carta informativa dúas.pdf53.35 KB
11_publicación convocatoria.pdf252.49 KB
08_censo de nais e pais.pdf152.66 KB
12_Credencial de candidato-a.pdf231.66 KB


page | by Dr. Radut