NÓS, MESTRES GANDEIROS

Mestres gandeiros

BENVIDAS AO PROXECTO MESTRES GANDEIROS 23-24!!

Un curso máis queremos compartir con vós as nosas andanzas  no proxecto MESTRES GANDEIROS coas  aprendizaxes e tarefas que levamos a cabo na GRANXA e no HORTO, e como non,  as aventuras que teremos na saída ós ANCARES.

Con todo isto queremos implementar BOAS PRÁCTICAS AGROGANDEIRAS para  colaborar no desenvolvemento dos ODS da Axenda 2030.

Aquí temos ó novo alumnado, nos primeiros días do curso, coñecendo ós novos amigos de dúas e catro patas!!

Atréveste a vir con nós?

 

 

OS NOSOS ALIADOS DA GRANXA

Se hai alguén que traballa man a man con nós, son os animais da nosa granxa. 

Aproveitan todos os desperdicios que facemos e ademáis se teñen que botar unha man para pelar canas para os entitorados das tomateiras, aí están dispostas a facelo! Negrita, a primeira!

Tamén son exemplo para nós de convivencia en paz, poden comer xuntos no mesmo cunco e tan felices de compartilo!

E por suposto, son o noso remanso para un ratiño de agarimos!

PRODUTO DA COOPERATIVA A CARQUEIXA

O noso profe de cociña, Álvaro ensinounos como se despeza unha pata dianteira de tenreira. 

Para esta ocasión fixo pedido da pata  á COOPERATIVA Á CARQUEIXA que tivemos ocasión de visitar, a principios de febreiro, nos ANCARES.

Poidemos aprender vocabulario utilizado en carnicería que non é moi común

Os disitintos despieces formarán parte de elaboracións para o menú do noso restaurante. 

Temos que recoñecer que a algúns de nós non nos resultou moi doado vivir a experiencia do despiece.

 

INVENTARIO DE PRODUTOS DO HORTO PARA O MENÚ DE TOLEAMOS SEN +

Esta semana comezamos a facer o inventario de produtos dispoñibles no horto para o menú do primeiro restaurante de Toleamos sen + deste curso.

Debido ao mal tempo no outono, este ano tivemos menos colleita no exterior polo que fixemos máis sementeiros e así poder utilizar os agromos para as elaboracións na cociña.

Esta técnica resultounos moi útil, práctica e sobre todo, que nos da pouco traballo e moita produción!

 

 

SEGUEN AS TAREFAS NO HORTO

Este curso debido ao mal tempo que houbo no outono e no inverno, as tarefas no horto retrasáronse un pouco. 

Tamén estamos a probar métodos para que a estancia nel sexa máis agradable para tod@s.

Empezamos marcando bancais, utilizamos cartón e palla para evitar as herbas e reter a humidade, no fondo do horto comezamos a facer un recuncho de aromáticas...en fin, pequenos cambios que requiren da nosa atención.

Á visita ao restaurante no Grove, CULLER DE PAU, deunos moitas ideas para que sexa máis profesional. Estamos a aprender para poder levalas a cabo.

Aquí vos amosamos unhas imaxes de distintos momentos ao longo do curso.

Seguiremos con máis cambios !

KIT DE LUFFA PARA TOLEAMOS SEN+

Xa comezamos os preparativos para o restaurante TOLEAMOS SEN +! 

Nesta edición a aportación desde o horto para o merchandising son as luffas para facer esponxas vexetais. 

Elaboramos un KIT con ESPONXA DE LUFFA e XABÓN, feito tamén en Panxón. Este kit vai  acompañado polas propiedades da luffa como cosmético natural.

Queremos contribuir desde o coidado do corpo ao coidado do medio ambiente, utilizando esponxas que ao final da súa vida útil poden ser compostables.

 

 Aquí amosamos unha pequena reportaxe na elaboración deste kit, desde a  construción das caixas , a elaboración do xabón a edición das pegatinas e o embalaxe.

Esperamos que teña éxito a venda!

 

RECUPERACIÓN NO INVERNADOIRO: O ABONO VERDE

Este curso quixemos recuperar o solo dos bancais do invernadoiro, plantando abono verde.

O ABONO VERDE é unha técnica que se usa para enriquecer o solo e consiste en plantar especies que axuden a fixar o nitróxeno para que poida ser utilizado polos cultivos seguintes.

As leguminosas son as que mellor fan esta tarefa.

Nós plantamos lentellas que cortaremos antes de que florezan para que sexan máis efectivas.

 

RECICLANDO: FERRAMENTAS PARA O HORTO

Seguimos  a reciclar botellas de diferentes produtos de uso cotiá. 

Estamos dándolle unha segunda vida facendo ferramentas para o horto. Cando pensamos que algo xa non nos vale, resulta que lle atopamos un novo uso!

Nesta ocasión Dani amósanos a pala que fixo el. 

Personalizouna co seu nome! 

Á VOLTAS COA COMPOSTAXE

O pasado mes de outubro o alumnado de Panxón visitamos o Concello de Nigrán para solicitar un composteiro para o centro.

Imos iniciar un proxecto sobre compostaxe cos residuos orgánicos de Panxonchef e parte do comedor e pedimoslle a súa colaboración para donarnos un.

Como é  habitual, o Concello respondeu á nosa petición. En novembro viu persoal técnico do CEIDA para instalalos no horto do centro.  Ademáis, estes profesionais déronnos formación sobre a compostaxe, tanto ao profesorado como ao alumnado.

E agora toca o mantemento do composteiro en óptimas condicións para obter compost de calidade para os nosos cultivos: incorporación de estructurante, remexido a miúdo para favorecer a mestura e que haxa osixenación, medición de temperatura, observación da fauna que hai...

Para esto intentamos facer rexistros que nos den datos que nos indiquen como están indo as cousas e así ir tomando decisións no mantemento.

Se todo vai ben, o próximo curso teremos compost de Panxón!


 

 

 

VISITA A IBERLUFFA

Hoxe visitamos en Caldas de Reis, a empresa agroforestal galega IBERLUFFA, pioneira no cultivo de esponxas vexetais para uso cosmético.

Carlos, un dos encargados, explicounos como foi todo o proceso do nacemento desta pequena empresa.

Comezaron mellorando a xenética da semente para ter máis éxito e mellores exemplares tendo en conta as características climáticas nesa zona. Visitamos o terreo onde a cultivan e os cubertos onde fan o secado. Tamén vimos toda a maquinaria que utilizan no procesado e manufacturado dos diferentes produtos: estropallos, esponxas corporais, manoplas, discos desmaquilladores...

Pero se algo temos que destacar é o respecto polo medio ambiente que ten esta empresa : fan compostaxe cos residuos, non utilizan produtos tóxicos para a terra e buscan ser 100 % sostibles. 

Todos estos feitos fixeron que fora meritoria xa de  premios, como o que recibiu por embalar sen usar plástico!!

Moito por aprender!

Agora tócanos a nós poñelo en práctica  no horto de Panxón!

 

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design