Carpeta para crear cursos para os ALUMNOS dos PFFPB

Curso onde se recollerán as actividades para acadar os obxectivos establecidos nas ACs dos alumnos/as desta aula.

O curso pretende capacitar aos alumnos e alumnas  para  traballar no sector da xardinería e do viveirismo, desenvolvendo tanto as habilidades técnicas como sociais necesarias. Dividirase en tres partes:

1.- VIVEIRISMO: na que se impatirán aqueles conceptos necesarios para que o alumno poda traballar nun viveiro do sector agroforestal (planta ornamental, hortícola e forestal). Trataranse temas relacionados ca propagación das plantas segundo os  sistemas de reproducción sexual (semente) ou de multiplicación asexual (esgallado, enxerta...), incluíndo as técnicas e materiais empregados ( sustratos, abonos, macetas, bandexas de alveolos...)

2.- IMPLANTACIÓN DE XARDÍNS: os alumnos e alumnas aprenderán os coñecementos e habilidades necesarias para crear un xardín: manexo de ferramentas básicas (angazo, pa, pico, etc), manexo da planta obtida cas técnicas de viveirismo, materiáis empregados na ornamentación de xardíns (pedra e acolchados ornamentales, malla antiherbas, mobiliario de xardín, etc)

3.- CONSERVACIÓN DE XARDÍNS: os xardíns necesitan coidados, que o alumnado aprenderá a realizar: poda, reposición de planta de temporada, limpeza, sega, etc