Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de recoñecer o estado sanitario da vexetación e os métodos de protección. Esta función abrangue aspectos como: – Coñecemento da vexetación espontánea non desexada. – Caracterización da fauna auxiliar e prexudicial. – Descrición de enfermidades e danos. – Valoración do estado sanitario das plantas. – Métodos de protección da plantas. As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en: – Fauna prexudicial e beneficiosa. – Vexetación espontánea non desexada. – Sanidade dos vexetais. – Métodos de protección das plantas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumno ou a alumna se poidan inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector agrario.