Este módulo profesional é de soporte, polo que dá resposta á necesidade de proporcionar unha axeitada base teórica e práctica para a comprensión e a aplicación de técnicas básicas de produción de plantas e produtos forestais.
A produción de plantas e produtos forestais abrangue aspectos como:
– Caracterización do clima.
– Identificación de solos.
– Operacións topográficas.
– Determinación das necesidades hídricas das plantas.
– Identificación do medio.
– Descrición dos fertilizantes.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse na produción de plantas e produtos agrícolas, forestais e de xardinaría.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de recoñecer o estado sanitario da vexetación e os métodos de protección.
Esta función abrangue aspectos como:
– Coñecemento da vexetación espontánea non desexada.
– Caracterización da fauna auxiliar e prexudicial.
– Descrición de enfermidades e danos.
– Valoración do estado sanitario das plantas.
– Métodos de protección da plantas.

Escriba un pequeno parágrafo que explique en que consiste o curso de forma concisa e atraente.

Neste módulo imos aprender a reproducir unha planta, ou mellor dito, Material Forestal de Reprodución (MFR). Trátase dun módulo claramente práctico onde o alumno deberá adquirir destrezas, coñecementos e actitudes de cara ao manexo dun viveiro forestal.

Escriba un pequeno parágrafo que explique en que consiste o curso de forma concisa e atraente.

Este é o curso virtual dos que non superaron o módulo de Produción de planta forestal en viveiro en anos anteriores e están matriculados nel.

Aquí atoparedes arquivos, tarefas, etc. que tedes que seguir para a superación do módulo.