Photopeach é unha aplicación web extremadamente sinxela e intuitiva que facilita a creación dun arquivo multimedia (imaxe, texto e son). Estes son os primeiros pasos para comezar:

Accede - para empezar - á páxina web http://www.photopeach.com



Deberás premer na opción de "sign up for free" (inscríbete gratis) para poder utilizar esta ferramenta. Facilita algúns datos para formar parte da comunidade e, decontado, entrarás na túa páxina persoal.

Podes comezar a crear os teus vídeos. Segue os sinxelos pasos que che vai presentando a aplicación. O primeiro: "Create new slideshow" (debes ter preparadas as imaxes que queres utilizar), preme entón no botón "upload photos" e... a traballar.


O primeiro que che pedirá é que lle indiques que imaxes queres "subir" (upload photos). Abrirá unha ventana para escoller no teu equipo as imaxes (recorda o comentado noutras ocasións: para estas aplicacións precisamos imaxes pequenas, lixeiras, en formatos manexables, tipo .jpg, gif, png). Podes subir desde unha soa imaxe a un bo número delas.

A continuación pasarás a escoller a música de fondo e os subtítulos que che gustan para cada imaxe. Poderás escoller tamén o tempo que dura cadansúa e o total do arquivo. Podes probar as veces que queiras, cambiar e recambiar imaxes, sons, palabras...

Proba, experimenta... disfruta. Verás que o efecto final é ben xeitoso.
Adiante
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:56 PM