Saltar navegación

Engadir gravacións de audio ou vídeo

En ocasións nunha tarefa ou nun foro solicitarannos que engadamos unha gravación de audio ou de vídeo. A nosa aula virtual permite facer estas gravación empregando o micrófono e a cámara do noso ordenador. Se ben, temos que ter configurado o Editor de texto adecuado e empregar un destes navegadores:

FirefoxFirefox

ÓperaÓpera

ChromeChrome

Pasos Pasos:

1. Comproba que editor de texto tes configurado en Platega. Para elo abre a tarefa, foro, ... ata ver o editor que tes instalado. Dúas será as posibilidades:

  • Editor HTML Atto:

Editor HTML Atto

Se xa tes este editor vai ao paso 3. 

  • Editor HTML TinyMCE:

Editor HTML Tiny

Se tes este outro editor debes configurar o HTML Atto. Para elo... 

2.Configura o teu perfil co Editor HTML Atto .

2.1 Abre a configuración das túas preferencias:

Configurar preferencias

E despois:

Preferencias do editor

E agora:

Editor Atto

3. Engade unha gravación de audio ou de vídeo nunha tarefa, foro... 

3.1 Sitúa o curso no punto no que queres insertar o audio ou o vídeo

3.2 Preme na ícona correspondente ao audio ou vídeo

Íconas para gravar audio ou vídeo

4. Preme en Start recording e permite o acceso ao microfono / webcam do ordenador 

Autorizar uso do micrófono / webcam para gravar

5. Corta a gravación premendo Stop recording. A conta atrás indica o tempo restante do máximo de 5 minutos dispoñibles.

Stop da gravación

6. Decide se insertar a gravación ou volver a gravar:

Insertar a gravación ou repetila

...unha gravación de audio, por exemplo, amosarase deste xeito:
Gravación de audio insertada


Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.