Saltar navegación

Propiedade intelectual e dereitos de autor

Que sabes de...?

Os Dereitos de autor son unha parte da Propiedade intelectual. A súa vez, entre os dereitos de autor establécense diferencias...

  • Que diferencia hai entre "Dereitos patrimoniais" e "Dereitos morais"?.
  • Cando mercamos unha obra, un libro por exemplo, mercamos os dereitos desa obra?.
  • Que é iso de Copyleft, Creative Commons, GNU...?.

Infórmate

Os recursos, materiais educativos, imaxes, multimedias... producións de diferente tipo teñen uns dereitos de autor que debemos coñecer e respectar. Moitos deles fan constar os dereitos que os seus autores ou autoras se reservan, outros, en cambio, non fan explícita ningunha licenza de propiedad intelectual co cal lle asignan unha licenza moi restritiva, o Copyrigth. Cómpre coñecer os tipos de licenza existentes e que dereitos reservan cada unha delas para saber en que condicións podemos usar os recursos que atopemos por internet.

A atribución dos recursos aos seus lexítimos autores ou autoras é un aspecto legal que temos que respectar. Segundo o recurso de que se trate ou do sitio do que o tomemos deberemos citarlo seguindo unhas pautas recoñecidas a nivel internacional.

Por outra banda, tamén decidimos compartir coa comunidade educativa, publicar as nosas creacións asignándolles unha licenza que ao mesmo tempo que recoñeza a nosa autoría permita a súa reutilización, redifusión e mesmo facer obras derivadas abrindo así as portas a que os nosos traballos medren e melloren coas aportacións doutras persoas.

Grazas a esta vontade de compartir recursos é posible atopar na rede recursos educativos abertos, mesmo organizados en bancos nos que é doado, tal vez, atopar ese material que precisamos xa feito e que nós poderemos ampliar e mellorar. Pois ben, analicemos a continuación estes aspectos con maior calma.

Creative commons - "Se creativo" Animación flash. CC BY-NC-SA

Infórmate

Unha vertente da Propiedade intelectual son os dereitos de autor, un conxunto de normas e principios que regulan os dereitos dos autores, polo simple feito de crear unha obra, estea publicada ou inédita. Isto significa que dende o momento en que un autor crea a súa obra (constrúe un texto, dispara unha fotografía, etc.) posúe unha serie de dereitos sobre esta.

Os dereitos de autor recoñecen a autoría dunha persoa sobre certa obra, condedéndolle o dereito a administrala e obter os froitos da súa explotación.

Estes dereitos inclúen os denominados dereitos morais e os dereitos patrimoniais:

  • Os Dereitos morais van ligados ao autor de xeito permanente e son hereditarios e irrenunciables. A lexislación española fai moita referencia a eles incluindo aspectos como o recoñecemento da condición de autor da obra ou o recoñecemento do nome do artista sobre as súas interpretacións ou execucións.
  • Os Dereitos patrimoniais permiten a explotación da obra e poden ser cedidos polo seu propietario, sempre por escrito. Estes dereitos son os que permiten ao seu propietario permitir ou prohibir o uso, reprodución ou copia da súa obra a cambio dun beneficio económico ou de xeito gratuíto. Adoitan estar asociados ao concepto anglosaxón de Copyright ou dereito de copia, representado a través da arquicoñecida "C".

Logotipo da licenza de autor CopyrightO famoso Copyright, representado a través da arquicoñecida "C" quedou asociado á idea de "todos os dereitos están reservados". Aínda que este modelo protexeu dunha forma máis ou menos eficaz os dereitos dos autores ata agora, o desenvolvemento de Internet e o intercambio de información ao que vai asociado fan que o seu uso limite as posibilidades dos educadores. É por iso que nos últimos anos apareceron intentos por eliminar ou reducir as barreiras legais que limitan o fluxo libre e a reutilización do coñecemento.

Logotipo da licenza de autor CopylegtConceptos como Copyleft (xogo de palabras que propón a posibilidade de que o receptor dunha copia, ou unha versión derivada dun traballo, poida, á súa vez, usar, modificar e redistribuír tanto o propio traballo coma as versións derivadas deste) ou as licenzas Creative Commons, as cales deixan ao autor establecer que dereitos están ou non reservados, están a ter un impacto significativo en como entendemos os dereitos de autor.


2.1 Licenzas máis relevantes para os docentes

Vexamos algunhas licenzas que podes considerar á hora de conseguir e reutilizar recursos.

  • Logotipo da licenza de autor Dominio públicoDominio público: situación en que quedan as obras ao expirar o prazo de protección dos dereitos patrimoniais. Isto sucede habitualmente transcorrido un tempo a partir da morte do autor, en España 70 anos. O dominio público implica que as obras poden ser explotadas sempre que se respecten os dereitos morais.

  • Logotipo da licenza GNUGNU (Licenza de documentación libre): Esta licenza dá ao usuario o dereito de copiar e redistribuír un determinado traballo pero esixe que tódalas copias e derivados queden dispoñibles baixo a mesma licenza. É posible redistribuír e/ou modificar as obras publicadas con esta licenza segundo os termos da Licenza Arte Libre. Encontrarás un exemplar desta licenza no sitio Copyleft Attitude http://artlibre.org/licence/lal/es

  • Logotipo da licenza Creative CommonsCreative Commons é unha organización sen ánimo de lucro que utiliza novas tecnoloxías para simplificar as barreiras coas que frecuentemente se atopan os creadores e consumidores de contido á hora de compartir as súas obras. A idea fundamental detrás das licenzas Creative Commons é formular explicitamente os dereitos que ten a persoa que accede a un recurso se quere volver publicalo ou combinalo con outros contidos. As licenzas CC son estas, que poden combinarse entre elas:

Logotipo da licenza Creative commons: Atribución.Recoñecemento (Attribution - BY): En calquera explotación da obra fará falta recoñecer a autoría. O autor, ao marcar este requisito está a permitir que outros copien, distribúan e mostren a súa obra (así como obras derivadas desta) pero haberán de citar a súa autoría.

Logotipo da licenza Creative commons: Non comercial.Non Comercial (Non commercial - NC): A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais. Estase a permitir que outros copien, distribúan e mostren a obra (así como obras derivadas desta) sempre que non o fagan con intencións comerciais.

Logotipo da licenza Creative commons: Sen obras derivadas.Sin obras derivadas (Non Derivate Works - ND): A autorización para explotar a obra non inclúe a transformación para crear unha obra derivada. Con esta licenza permítese que outros copien, distribúan e mostren a súa obra tal e como a crearon.

Logotipo da licenza Creative commons: Compartir igual.Compartir Igual (Share alike - SA): A autorización permite a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licenza ao ser divulgadas. O autor está a permitir que outros distribúan traballos derivados da súa obra sempre que o fagan baixo unha licenza igual á do seu traballo orixinal.

Todos os recursos que atopemos por internet teñen uns dereitos que protexen a súa autoría intelectual. Algúns creadores establecen un Copyright que reserva tódolos dereitos, mentres que outros optan por publicalas reservando algúns dereitos e deixando outros libres baixo determinadas condicións para facilitar a copia, a distribución, a creación de obras derivadas... ou mesmo a súa comercialización.

Cando tomemos algún contido de Internet, localizaremos a súa licenza. Normalmente aparece na parte inferior ben directamente ou ben nunha ligazón do tipo: "Aviso legal" "Aviso xurídico"... E recordemos que a ausencia de licenza implica que ese recurso ten Copyright, é dicir, con tódolos dereitos reservados.

Como norma habitual convén...
  • Utilizar recursos propios como textos, imaxes, presentacións, flash, sóns, vídeos,...
  • Se empregamos recursos alleos, busquemos aqueles que teñan unha licenza que permita empregalo, modificalo... Afortunadamente cada día son máis os bancos de recursos dispoñibles con licenzas axeitadas.
  • Cando usemos recursos alleos, respectaremos os dereitos de autor, cita e atribución.
  • Compartamos coa comunidade educativa os recursos creados por nós publicándoos cunha licenza que permita a outros profesores e profesoras empregalos

2.2 Diferenza entre "Ligar" e "Sindicar" contidos web

Xeralmente poñer un enlace nun curso virtual, nunha páxina web, nun Blog... non supón reproducir unha obra e pode facerse libremente. Tampouco é necesario pedir o consentimento do autor para enlazar á súa web e facelo tampouco constitúe unha norma de cortesía habitual.

Sindicar consiste en publicar na nosa web parte do contido doutro sitio web utilizando un sistema automático. Os sistemas de sindicación máis estendidos baséanse nos estándares RSS e Atom. Os programas informáticos compatibles con algún destes estándares consultan periodicamente unha páxina con titulares que enlaza cos artigos completos no sitio web orixinal.

A diferenza de publicar un enlace, a sindicación considérase unha forma de reprodución do contido polo que hai que ter en conta os termos da licenza de uso, que uso adoitan aparecer publicados na páxina que subministra os contidos orixinais.

 

2.3 Sobre o "Dereito de cita" e a "Ilustración" no ensino

Este dereito permite a inclusión nunha obra propia de fragmentos doutras alleas sempre que se trate de obras xa divulgadas e a súa inclusión se realice a título de cita ou para a súa análise, comentario ou xuízo crítico. Este dereito, ademais de ter o límite sinalado (docencia ou investigación) debe estar xustificado polo fin da incorporación a unha obra, sendo necesario ademais indicar a fonte e o nome do autor desta.

Para ver a referencia legal...

Ley 21/2014, de 4 de noviembre, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, y la Ley 1/2000, de 7 de enero, de Enjuiciamiento Civil.

Artículo 32. Citas y reseñas e ilustración con fines educativos o de investigación científica.

(...)

3. El profesorado de la educación reglada impartida en centros integrados en el sistema educativo español y el personal de Universidades y Organismos Públicos de investigación en sus funciones de investigación científica, no necesitarán autorización del autor o editor para realizar actos de reproducción, distribución y comunicación pública de pequeños fragmentos de obras y de obras aisladas de carácter plástico o fotográfico figurativo, cuando, no concurriendo una finalidad comercial, se cumplan simultáneamente las siguientes condiciones:

a) Que tales actos se hagan únicamente para la ilustración de sus actividades educativas, tanto en la enseñanza presencial como en la enseñanza a distancia, o con fines de investigación científica, y en la medida justificada por la finalidad no comercial perseguida.

b) Que se trate de obras ya divulgadas.

c) Que las obras no tengan la condición de libro de texto, manual universitario o publicación asimilada, salvo que se trate de:

1.º Actos de reproducción para la comunicación pública, incluyendo el propio acto de comunicación pública, que no supongan la puesta a disposición ni permitan el acceso de los destinatarios a la obra o fragmento. En estos casos deberá incluirse expresamente una localización desde la que los alumnos puedan acceder legalmente a la obra protegida.

2.º Actos de distribución de copias exclusivamente entre el personal investigador colaborador de cada proyecto específico de investigación y en la medida necesaria para este proyecto.

A estos efectos, se entenderá por libro de texto, manual universitario o publicación asimilada, cualquier publicación, impresa o susceptible de serlo, editada con el fin de ser empleada como recurso o material del profesorado o el alumnado de la educación reglada para facilitar el proceso de la enseñanza o aprendizaje.

d) Que se incluyan el nombre del autor y la fuente, salvo en los casos en que resulte imposible.

A estos efectos, se entenderá por pequeño fragmento de una obra, un extracto o porción cuantitativamente poco relevante sobre el conjunto de la misma.

Los autores y editores no tendrán derecho a remuneración alguna por la realización de estos actos.

4. Tampoco necesitarán la autorización del autor o editor los actos de reproducción parcial, de distribución y de comunicación pública de obras o publicaciones, impresas o susceptibles de serlo, cuando concurran simultáneamente las siguientes condiciones:

a) Que tales actos se lleven a cabo únicamente para la ilustración con fines educativos y de investigación científica.

b) Que los actos se limiten a un capítulo de un libro, artículo de una revista o extensión equivalente respecto de una publicación asimilada, o extensión asimilable al 10 por ciento del total de la obra, resultando indiferente a estos efectos que la copia se lleve a cabo a través de uno o varios actos de reproducción.

Por "Ilustración no ensino" enténdese a reprodución, distribución ou comunicación pública de pequenos fragmentos de obras xa divulgadas co obxecto de ilustrar as actividades educativas nas aulas. A diferenza da cita aquí trátase unicamente, de pequenos fragmentos aínda que no caso de obras plásticas se permite o seu uso completo (por exemplo unha fotografía).

A reprodución só pode efectuarse na medida xustificada e excluíndo calquera finalidade comercial quedando, ademais, excluida a reprodución de libros de texto ou de manuais universitarios.

Ao igual que sucedía coa cita de texto hase de mencionar a fonte e o nome do autor.

 


2.4 Que recursos podemos usar legalmente?

As situacións nas que nos atopemos dependerán da licenza con que estén difundidos os recursos.  En resumo:

  • Libros ou calquera material mercado.

Ter adquirido un libro ou calquera outro material suxeito a dereitos de autor non outorga dereito a facer calquera cousa con este. Hai que diferenciar o soporte, que si que nos pertence, do contido de propiedade intelectual, do que unicamente temos un dereito de uso segundo a licenza de adquisición. Así, por exemplo, un libro que compramos dános dereito a fotocopialo para o noso uso, pero non o podemos copiar para logo redistribuílo. Tampouco o podemos dixitalizar ou subilo á rede sen permiso dos titulares dos dereitos.

  • Se a obra utilizada está en dominio público

Non será necesario pedir permiso nin pagar aos seus titulares.

  • Se a obra está suxeita a dereitos de autores, produtores, entidades de radiodifusión ou intérpretes

Teremos que pedir permiso dos titulares, que teñen todos os dereitos reservados, aínda que poderemos exercitar o dereito de cita, coas súas limitacións, e utilización de obras para o ensino.

  • Se a obra está voluntariamente en dominio público

Poderemos utilizala sen problemas.

  • Se a obra está baixo copyleft

Teremos que ler os termos da licenza pero, polo xeral, poderemos exhibila sen problema ningún.

  • Se a obra está baixo licenza creative commons

Axustarémonos ás condicións particulares da licenza, respectando sempre o dereito de recoñecemento ao seu titular e os posibles límites relacionados co uso non comercial se imos cobrar pola exhibición a obra.

Compatibilidade entre licenzas

Que ODEs podemos inserir nas nosas obras?

Todas as obras teñen unha licenza. Sabemos que se non facemos explícita a licenza coa que publicamos a nosa obra, automáticamente ten reservados todos os dereitos, é dicir, un Copyright. Debemos decidir e asignar unha licenza cos dereitos que nos reservamos:

Semáforo das licenzas de autor
Semáforo das licenzas de autor

Observemos que as licenzas de cultura libre son as de dominio público, CC BY e CC BY-SA.

Agora ben, a licenza que elixamos para a nosa obra condiciona os ODEs que poderemos inserir pola licenza que teñan. Por exemplo, si queremos publicar a nosa obra no Dominio público non poderemos inserir nela ODEs alleos que teñan dereitos reservados, un © ou CC BY-NC etc... na seguinte táboa podes comprobar as licenzas que podemos poñer á nosa en función das licenzas dos ODEs incorporados (preme na imaxe para ampliala):

asa
Obra derivada por Agustín Carracedo Dominio público  da de Kennisland. Compatibilidades entre as licenzas Creative Commons.  Dominio público

Fíxate que os ODE con licenza ND (Non derivadas) NON permiten facer ningún uso deles pois non son compatibles con ningunha licenza.

Actividade de lectura

Visita este sitio web de Unicef:

Creación de contenidos: la propiedad intelectual, [En liña]. Dispoñible: http://www.enredate.org/cas/formacion_profesorado/creacion_de_contenidos_la_propiedad_intelectual.  [Consulta: 21-outubro-2013].


Icona das actividades

  • Analiza os seus contidos. Fíxate como fan a referencia dos textos, como e onde expresan a propiedade intelectual dos textos e das imaxes.
  • Pensa si a execución desta páxina respecta as normas sobre creación de contidos que propoñen.
  • Finalmente...

Para saber máis...

O dito máis arriba sobre dereitos de autor, licenzas... é un extracto-síntese destas fontes:  

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)