Proxecto MEIGA
|
O PROXECTO MEIGA É unha aplicación de xestión de bibliotecas escolares. Ademais co proxecto búscase a automatización dos procesos de catalogación, préstamos, a normalización de datos bibliográficos, os procesos de intercambio de información pola rede, e en definitiva a integración das bibliotecas nunha rede A aplicación é configurable polo usuario, cubre as necesidades básicas dunha biblioteca para catalogación, recuperación e préstamos, adáptase a estándares de importación e exportación en formato MARC, ISBD. Debe instalarse no ordenador e pode funcionar en rede, non habendo recorte no número de usuarios. MEIGA distribúese de forma totalmente gratuita, pola Dirección Xeral de Promoción Cultural.
|