digitaljournalism.jpg Un blog, en español tamén bitácora, é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos ou artigos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, e onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. 

É moi frecuente que os blogs dispoñan dunha lista de enlaces a outros blogs, a páxinas para ampliar información, etc. e tamén adoitan dispor dun sistema de comentarios que permiten aos lectores establecer unha conversación co autor e entre eles acerca do publicado. 

O Blog debe xirar en torno a unha temática, que pode ser profesional ou relacionado con algunha afección ou inquietude. Se a temática é ampla, por exemplo "Literatura", probablemente se che ocurran moitos mais artigos que publicar, pero ás veces un blog en torno a un tema mais específico, por exemplo "Literatura Galega Contemporánea" pode ter máis éxito se non hai moita competencia na blogosfera (nome que se lle da ao conxunto universal de blogs)

buen-consejo.jpgConsellos sobre o blog
  • É básico escribir cunha linguaxe correcta e sen faltas de ortografía. Hai que dar boa imaxe.
  • Se podes (se non, non pasa nada) mantén certa periodicidade: un artigo á semana, ao mes, cada tres meses, etc.
  • Os artigos deben citar fontes se fan referencia á actualidade, ou facer notar que se continúa cun tema que empezou outro blog. As referencias a outros blogs e a entradas anteriores nosas é tamén importante.
  • O título do artigo é moi importante. Emprega títulos suxerentes, provocativos, en plan pregunta, ou con certo inxenio.
  • Decide un conxunto de categorías ou etiquetas nas que vas a clasificar os artigos de blog e vai asignándollas aos artigos para facilitar as búsquedas. A lista de categorías podes ir ampliándoa.
  • Evita os artigos excesivamente longos. Recorda que "o bon, se breve, é dúas veces bon". A audiencia sentirase mais atraída a ler un artigo se percibe que lle vai levar pouco tempo. Ese é, en parte, o éxito de Twitter.
  • A apariencia do artigo é fundamental. Debemos engadir imaxes relacionadas co artigo e incrustar, se procede, algún vídeo ou presentación que veña a conto. Tamén queda ben resaltar e ordenar conceptos, facendo uso (sen abusar, coma todo) de negritas, itálicas, subraiado, listas, etc.
  • Se recibes algún comentario, é moi importante que contestes.
  • Relaciónate con blogs e autores de temáticas iguais ou similares
  • Asegúrate que é bastante visible a subscrición RSS ao teu Blog
Se queres un poco máis de información, este pequeno libro gratuito é bastante recomendable Secretos de Un Blog Exitoso
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM