Cando decidimos rematar o parágrafo 3.3 LECTURA DIXITAL (e de paso o curso que estás a realizar) tivemos claro que o suceso máis importante neste eido nos últimos anos ten sido o éxito do Twitter (pode que moi próximamente sexa o éxito fulgurante dos e-Books como formato de lectura habitual, pero non podemos xogar máis da conta a futurólogos), unha aplicación de microblogging que seguramente sen querelo tense convertido no primeiro e máis importante NOVO medio de comunicación, xa que pola súas características intrínsecas non pode compararse a ningún medio de comunicación precedente.





Efectivamente. o twitter estaba pensado e programado para ser unha "mera" aplicación que permitira comunicarse entre amigos, unha especie de chat colectivo semipresencial (as mensaxes predominantes eran de tipo expositivo, e en teoría respostaban á pregunta QUE ESTÁS A FACER AGORA?: "vou ao cine ás 17:00h", "gustoume, coma sempre, o novo comic de TRODHEIM"; tiñan sentido, tamén en teoría, se se lian nun intervalo temporal curto após a súa redacción) e multiplataforma: o primeiro acerto do twitter, a primeira clave do seu éxito, é que podías "tuitear" dende o navegador, dende o programa de chat tipo Messenger ou calquera dispositivo con conexión, incluindo os móbiles vía SMS (parece mentira, pero fai 5 anos iso era novidade, no resto das aplicacións tiñas que abrir unha páxina ou programa específico, e non podías utilizar o móbil para chatear coa web).

Estamos pois diante dun servizo que pode cumplir a tarefa de información síncrona dun chat ("ISTO é o que penso agora; ah, non, xa cambiei de opinión") coa asincronía dun mail, un post nun blog ou as novas no telexornal. Nunha sociedade no que o tempo de desconexión tende a cero (conectividade permanente) o twitter convírtese nuha ferramenta única: un relato secuenciado permanente, en pequenas doses, dos nosos amigos ou persoas de referencia.

Precisamente a medida que moita xente relevante comenza a utilizalo, e grazas ao seu carácter de rede social avant la lettre, no que se propicia o intercambio entre círculos concéntricos grazas a opción de retuiteo (se ti les os meus twitters e eu leo os twitters de SINSAL AUDIO, con toda probabilidade ti vas rematar lendo algúns dos seus twitters e polo tanto entrando no seu círculo de información; o usuario convírtese en difusor de novas), é que Twiiter pasa de ser unha ferramenta de comunicación a ser, ademáis, un medio de información e comunicación con unha característica distinta a calquera outro medio: non hai equipa de redactores (coma nos medios de comunicación tradicionais) pero tampouco é obra de algunhas poucas persoas (coma nos blogs). En e para twitter unha nova é do que se esté a "falar", é dende hai case que 2 anos, os temas que máis se escriben en twitter (trendtopics, en inglés) son relevantes para o resto dos medios de comunicación. Por suposto hai unha retroalimentación (feedback) entre medios de comunicación tradicionais e twitter (é moito máis probable que sexa trendtopic o último engano do Premio Planeta, promocionado masivamente por xornalistas carentes de escrúpulos culturais, que o novo cómic de Taniguchi; pero tamén calquera medio ou actor no eido da comunicación (políticos, empresas,...) intentará, sen poder controlalo, que no twitter se fale ben del ou se difunda correctamente a súa mensaxe, tanto coma fin en si mesmo como para de aí saltar aos outros medios de comunicación ). Pero este feedback é mutuo, cuestión na que non estarán dacordo as persoas alleas a este servizo, que consideranno hoxe en día, dende o seu descoñecimento, un mero chat vido a máis.







O Twitter tamén é unha das ferramentas da chamada Web 2.0 con maiores posibilidades educativas, en parte grazas ao seu éxito social. Vexamos un breve exemplo de incitación a utilizalo twitter no eido educativo:




POR QUE DEBERÍAN OS PROFESORES UTILIZAR TWITTER (versión orixinal en inglés)


Pensamos que o artigo anterior debería tervos convencido das posibilidades educativas de Twitter, polo que vos propoñemos como a última e derradeira actividade obrigatoria do curso que participedes activamente no Twitter. Lede AQUÍ a actividade e AQUÍ o foro sobre lectura dixital onde incluimos un fío de temas sobre o Twitter.



E OS QUE TRABALLAN CON MENORES DE 14 ANOS?


Os e as que dades clase en primaria ou primeiro ciclo de secundaria é probable que leades o tema do twitter con unha certa distancia, conscientes de que non ides utilizar co voso alumnado un medio de comunicación aberto, coas posibles implicacións que conleva pedir a menores de 14 anos que publiquen en Internet. Dese tema poderíase falar moito, pero non aquí. Tan só indicar que tedes á vosa disposición servizos "similares" pechados. O máis recomendado está a ser EDMODO.
EDMODO é unha plataforma gratuita en castelán moi similar a Twitter pero pensada para uso escolar, no que hai que rexistrarse e o alumnado entra con contrasinal unha vez rexistrados polo profesor. Crease un espazo virtual onde intercambiar (só o profesor e os alumnos) mensaxes, arquivos, ligazóns, calendarios de traballo,...Poden facerse grupos independentes (para cada clase, por exemplo). O calendario é personalizable para cada grupo, o cal é moi útil.
Ademáis o portal inclue un sistema de clasificación de contidos que permite agrupar as novas, crear unha clasificación por áreas e temas,..


Se consideralo interesante podes consultar estas ligazóns: LA GUIA PARA EMPLEAR EDMODO e TUTORIAL DE EDMODO, e este .

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56