Glosario da Unidade 5


Glosario da Unidade 5

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina: (Anterior)   1  2  3  (Seguinte)
  TODAS

I

Igualitaria/o

Referido a lectura, xogos e xoguetes son aqueles que pretende conseguir a igualdade entre mulleres e homes. Tratan de romper cos estereotipos e roles de xénero tradicionais.


M

Métodos anticonceptivos

Son todos aqueles métodos que contribúen a evitar un embarazo non desexado. Poden ser naturais (aínda que non son recomendables) ou artificiais. Dentro de estes últimos hainos de barreira (preservativo, DIU...), hormonais (píldora, parche...), quirúrxicos, etc.


Métodos de barreira

Son aqueles que axudan a protexer das enfermidades de transmisión sexual (ETS's).


O

Orientación sexual

Denomínase así a atracción emocional, romántica, afectiva ou sexual que se sinte de xeito duradeiro cara a outras persoas. Algunhas orientacións sexuais son: heterosexualidad (atracción cara a persoas do sexo contrario), homosexualidade (atracción cara a persoas do mesmo sexo), bisexualidade (atracción cara a persoas de ambos sexos), pansexualidade (atracción cara a persoas independentemente do seu sexo e xénero) e asexualidade (falta de atracción e desexo sexual).


P

Pansexualidade

É a atracción sexual e romántica cara a persoas independentemente de cal sexa o seu sexo e o seu xénero.


Patriarcado

É unha forma de organización social na que os homes ostentan o poder político, social, económico, relixioso...


Pornografía

Descrición ou representación dunha práctica sexual de forma explícita coa finalidade de provocar pracer sexual. A pornografía é empregada tanto en obras literarias como cinematográficas ou plásticas.


R

Revolución sexual

Fai referencia a un profundo cambio na moral e comportamento sexual ocorrido a partir dos anos 60 na maior parte dos países occidentais. Foi promovido polo feminismo, que reclamaba o liberación sexual como parte inherente á condición humana e polo tanto a mulleres e homes por igual.


Roles de xénero

Enténdense como o papel que debemos cumprir na sociedade polo feito de ser mulleres ou homes e polo tanto ter asignadas unhas características concretas (estereotipos) en función do noso xénero. O rol asignado tradicionalmete ás mulleres na nosa sociedade é o de coidadora, mentres que o rol dos homes é o de "cabeza de familia".


S

Sexo biolóxico

Este termo fai referencia ao sexo de nacemento, determinado por cromosomas, xenitais, hormonas e gónadas.

Pode ser feminino (cromosomas XX, ovarios, xenitais femininos, etc.), masculino (cromosomas XY, testículos, xenitais masculinos, etc.), ou intersexual (mestura de cromosomas e/ou xenitais).



Páxina: (Anterior)   1  2  3  (Seguinte)
  TODAS