Glosario da Unidade 5


Glosario da Unidade 5

Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS

A

Asexualidade

É a falta de atracción sexual cara a outras persoas.


B

Bisexualidade

É a atracción romántica e sexual que se sinte cara a persoas de ambos sexos.


C

Coitocentrismo

É a tendencia cultural a crer que o coito ou penetración debe ser o centro da práctica sexual.


D

Dominación sexual

É unha situación mediante a cal unha persoa ou grupo de persoas utiliza ameazas, coaccións, a persuasión ou incluso a forza física para impoñer as súas ideas, gustos ou regras no ámbito sexual.


E

Enfermidades de transmisión sexual (ETS's)

Son infeccións que se transmiten dunha persoa a outra a través do contacto sexual. Poden ser causadas por bacterias, hongos, parásitos e virus. Habitualmente trátanse con antibióticos pero non hai cura para os virus como o VIH ou SIDA. As ETS afectan tanto a homes como mulleres pero as consecuencias poden ser máis graves para as mulleres. Ademais, unha ETS durante o embarazo pode causar dano ao bebé. 


Estereotipos de xénero

Son falsas crenzas ou ideas, fortemente arraigadas na sociedade, sobre como son ou se comportan as persoas según sexan mulleres ou homes. Un exemplo é a idea de que os homes son racionais e fortes e as mulleres sensibles e frívolas.


H

Heterosexualidade

É a atracción sexual e romántica que se sinte cara a persoas do sexo contrario.


Homosexualidade

É a atracción sexual e romántica que se sinte cara a persoas do mesmo sexo.


I

Identidade de xénero

Tamén coñecido como "sexo sentido", é o sentimento profundo que temos as persoas de que somos homes, mulleres, ambos á vez ou ningún dos dous. Usualmente este sentimento nace ao redor dos 3 anos de vida e en ningún caso é unha elección ou unha preferencia .

Denomínase cisxénero ás persoas cuxa identidade de xénero coincide coa que lles foi asignada ao nacer (mediante a lectura dos xenitais externos). No caso contrario denomínase transxénero.


Identidade sexual

É a percepción que unha persoa ten do seu propio corpo a partir da lectura que fai dos seus xenitais externos.


Igualitaria/o

Referido a lectura, xogos e xoguetes son aqueles que pretende conseguir a igualdade entre mulleres e homes. Tratan de romper cos estereotipos e roles de xénero tradicionais.


M

Métodos anticonceptivos

Son todos aqueles métodos que contribúen a evitar un embarazo non desexado. Poden ser naturais (aínda que non son recomendables) ou artificiais. Dentro de estes últimos hainos de barreira (preservativo, DIU...), hormonais (píldora, parche...), quirúrxicos, etc.


Métodos de barreira

Son aqueles que axudan a protexer das enfermidades de transmisión sexual (ETS's).


O

Orientación sexual

Denomínase así a atracción emocional, romántica, afectiva ou sexual que se sinte de xeito duradeiro cara a outras persoas. Algunhas orientacións sexuais son: heterosexualidad (atracción cara a persoas do sexo contrario), homosexualidade (atracción cara a persoas do mesmo sexo), bisexualidade (atracción cara a persoas de ambos sexos), pansexualidade (atracción cara a persoas independentemente do seu sexo e xénero) e asexualidade (falta de atracción e desexo sexual).


P

Pansexualidade

É a atracción sexual e romántica cara a persoas independentemente de cal sexa o seu sexo e o seu xénero.


Patriarcado

É unha forma de organización social na que os homes ostentan o poder político, social, económico, relixioso...


Pornografía

Descrición ou representación dunha práctica sexual de forma explícita coa finalidade de provocar pracer sexual. A pornografía é empregada tanto en obras literarias como cinematográficas ou plásticas.


R

Revolución sexual

Fai referencia a un profundo cambio na moral e comportamento sexual ocorrido a partir dos anos 60 na maior parte dos países occidentais. Foi promovido polo feminismo, que reclamaba o liberación sexual como parte inherente á condición humana e polo tanto a mulleres e homes por igual.


Roles de xénero

Enténdense como o papel que debemos cumprir na sociedade polo feito de ser mulleres ou homes e polo tanto ter asignadas unhas características concretas (estereotipos) en función do noso xénero. O rol asignado tradicionalmete ás mulleres na nosa sociedade é o de coidadora, mentres que o rol dos homes é o de "cabeza de familia".


S

Sexo biolóxico

Este termo fai referencia ao sexo de nacemento, determinado por cromosomas, xenitais, hormonas e gónadas.

Pode ser feminino (cromosomas XX, ovarios, xenitais femininos, etc.), masculino (cromosomas XY, testículos, xenitais masculinos, etc.), ou intersexual (mestura de cromosomas e/ou xenitais).


Sexualidade

Concepto que engloba os comportamentos, as fantasías e emocións das persoas no ámbito do desexo e da intimidade física con outras/os.


Sociedade de mercado

É a sociedade capitalista, o sistema económico no que viven a maioría dos estados do mundo. Caracterízase pola gran importancia da propiedade privada e a busca do máximo beneficio en diñeiro.


X

Xénero neutro

É unha forma de expresión de xénero non binaria (home-muller). Polo tanto, as persoas neutras ou andróxinas non se encadran dentro do establecido tradicionalmente para o feminino nin o masculino. O seu aspecto físico é unha mestura variable das anteriores. Isto non está relacionado co seu sexo biolóxico (poden ser homes, mulleres, intersexuais) nin coa súa orientación sexual (poden ser heterosexuais, homosexuais, bisexuais...).



Páxina:  1  2  3  (Seguinte)
  TODAS