Tema 2: As formas da Terra: Relevo e hidrografía
Apuntamentos do tema 2:As formas da Terra: Relevo e hidrografía
3. A formación do relevo
A superficie da Terra ten forma irregular e accidentada. A todo este conxunto de formas que atopamos na superficie terrestre (cordilleiras, chairas, vales...) e que lle dan ese aspecto irregular denominámolo relevo. A súa formación é o resultado dun longo proceso de millóns de anos.
Neste proceso interviñeron:- AXENTES INTERNOS: movementos das placas tectónicas, volcáns, etc. Son os responsables da orixe e elevación
- AXENTES EXTERNOS: a auga, o vento, a vexetación, a temperatura e a acción dos seres humanos. Son os responsables da erosión, é dicir, do desgaste das formas de relevo.
Podes ollar esta animación que resume a formación do relevo. |