Tema 2: As formas da Terra: Relevo e hidrografía
1. Composición da Terra
Segundo a teoría desenvolta por Alfred Wegener, a litosfera está dividida en diversos bloques, a xeito de quebracabezas, denominados placas tectónicas, que se desprazan lentamente empurradas polo magma do manto, o que provoca que a superficie terrestre estea en continuo cambio. É o que se coñece como deriva continental.
Na estrutura da Terra distinguimos tres niveis: codia terrestre ou litosfera, manto e núcleo.
Pode ollar este vídeo sobre a deriva continental
Sábese que as placas se moven principalmente por estas razóns:
-
Pódese observar como algúns continentes “encaixan entre si”.
-
Atopáronse fósiles semellantes en continentes afastados como África, Australia ou a Antártida.
-
Os xeólogos detectaron que os lugares onde se sitúan os volcáns son as liñas de separación destas plataformas.
Hai 250 millóns de anos todas as terras emerxidas estaban unidas formando un único continente chamado Panxea. Co paso do tempo foise separando até configurar o mundo actual.
O choque das placas tectónicas provoca terremotos ou erupción de volcáns dando lugar á formación de montañas.
Se queres saber máis sobre os terremotos, visita esta páxina.