A MIÑA VIDA AGRÍCOLA

Estás aprendendo moitas cousas sobre a horta.

Tamén coñeciches a persoas que viven da agricultura.

¿É moi diferente a súa vida da túa?

Imaxina como sería a túa vida se dependeras da agricultura para vivir. Para moitas familias en Galiza foi así ata hai poucas décadas.

¿Como sería a túa relación coa terra e co clima?

¿Como sería a túa relación cos animais?

Coa túa imaxinación escolle unha situación de vida dependente da agricultura (pode ser na Galiza actual, ou na prehistoria. Pode ser incluso noutra cultura) e escrebe en primeira persoa como é a túa vida.

Presta atención á hora de escoller a situación. Fai unha boa descrición do entorno, das personaxes e das accións usando as túas experiencias coa nosa horta.