Saltar navegación

Funcionamento

Funcionamento

  • Ao premer neste novo aplicativo, indicaranos nunha nova xanela a advertencia de que se vai a actualizar o software do equipo. Dita actualización pasa a facerse neste momento, e a partir de agora de xeito automático e transparente para o usuario, unha vez ao mes.

  • No caso da versión 18.x (ou superiores) da maqueta Abalar Libre a ventá anterior incorpora unha opción máis que permite ao usuario desactivar a actualización automática.

Desactivar actualización automática

  • Unha vez aceptada a pregunta anterior o aplicativo empezará a traballar indicando:

1. Nun terminal irán pasando unha serie de liñas de texto como resultado do log do proceso de actualización.

2- Ventana coa barra de progreso que vai indicando que o proceso se está realizando correctamente.

  • Tras rematar a actualización do equipo, aparecerá unha nova xanela onde se informa de que o proceso rematou, xunto co tempo que se invertiu no proceso.

  • A través da opción Mostrar resumo poderemos visualizar os cambios que se realizaron nas aplicacións do noso equipo, aparecendo unha ventana semellante á seguinte: