Saltar navegación

3.4 Utilización da pantalla táctil

sinalador StylusA pantalla do ultra-portátil dos alumnos funciona como un dispositivo táctil, polo que poderá operar pulsando directamente sobre os botóns, iconas ou opcións do menú en pantalla por medio do dispositivo sinalador (Stylus)(1).


O sinalador Stylus do ultra-portátil, dispón dun elemento de seguridade para evitar a súa perda. 

Cando o punteiro estea bloqueado, o proceso de extracción será o seguinte: Premer o punteiro cara abaixo e desprazarase de maneira paralela ao ultra-portátil, ata a completa extracción do mesmo para evitar roturas(2).

atado

Tamén, é necesario que o punteiro estea atado ao ultra-portátil, para evitar extravíos. Para iso, enganche un dos lados do cordón no punteiro e o outro no ultra-portátil.

Unha das principais características é que o ultra-portátil pode empregarse en modo tablet, o que ofrece flexibilidade na posición da pantalla e facilidade de movemento e uso por ser táctil.

(1) RECOMENDACIÓN: Non exerza demasiada forza sobre a pantalla, podería provocar danos.
(2) IMPORTANTE: Non tire do punteiro con forza, podería rompelo. É necesario premer cara abaixo antes de tirar