Saltar navegación

Electrónica de rede en centros

A  Electrónica de rede é a parte de Hardware encargada de xestionar o tráfico da rede que se transmite entre Servidores e Dispositivos , polo que unha correcta utilización dos recursos de rede evitará problemas na transmisión dos datos e mellora a velocidade dos mesmos.

Ata a implantación no curso 2010/2011 do Proxecto Abalar as características da rede dos centros educativos era a seguinte:

  • Switch's principais eran diferentes por centro (Cisco ou D-link)
  • Nomenclatura de Vlan's diferentes
  • Un enlace por switch secundario dende o switch principal (untagged)
  • Switch principal excesivamente ocupado

Solución adoptada:

  • Standarización das VID das Vlan
  • Nova asignación de VLANs que permita definir un estándar único por centro.
  • Introdución dun novo Switch denominado "Switch Abalar" que pasará a ser o Switch principal do centro. O antigo switch principal pasa a denominarse "Switch Siega".
  • Nova rede interna dentro da propia intranet do centro que se chama "Rede Abalar", sustentada fisicamente polo "Switch Abalar", electrónica de rede intermedia e Puntos de Acceso Wifi profesionais do equipamento específico ABALAR.

 Ademais dos elementos físicos a instalar nas aulas, os centros públicos dotáronse cun novo switch (modelo Dlink DGS 1224T) e un equipo servidor.

Estes elementos están no armario de comunicacións do centro. A instalación e configuración dos mesmos é transparente para o centro e esta supervisada por técnicos de Amtega e  levada a cabo por persoal da  empresa adxudicataria.

Elementos da electrónica de rede do armario de comunicacións (rack) do centro:

  • Switches ou conmutadores, son os encargados de establecer unha conexión punto a punto. 
    • Novo switch (switch abalar) pasa a ser o switch principal do centro, o que implica unha adaptación da rede do centro á nova situación, será o core (o que conecta co router) e estará reservado para a interconexión da electrónica de rede e servidores  con cada un dos seus portos brindando un ancho de banda completo en cada porto. Debe estar identificado con nome, e se nos fixamos este switch ten os latiguillos de cores.
    • O antigo switchcore  (switch siega) pasa a ser un switch de borde que conten todas as Vlan do centro, a conexión dos equipos informáticos dos usuarios e a antiga rede wifi. Debe estar identificado como "Switch Siega".

  • O servidor abalar do centro dispón dos servizos necesarios para o funcionamento da rede Abalar: enderezo IP dinámico para os equipos Abalar, servidor puppet para a xestión centralizada, aplicación de recursos educativos, sistema de impresión Abalar e restauración de equipamento.
  • Router ou encamiñador, a súa función principal é conectar múltiples redes e enviar dende a orixe ata o destino final determinando a mellor ruta, o seu funcionamento baséase na dirección IP de destino 
  • Panel de parcheo ( Patch Panel) , a súa función principal é a de concentrar na parte traseira cableado UTP ríxido, que proveñen dos diferentes nodos da rede local, mentres que na parte frontal ten a función de interconectar a rede principalmente cos Switches. Permite organizar o cableado dos diferentes equipos que participan na rede. Debe estar etiquetado coa identificación de cada toma de datos do edificio. 
  • Paneis pasacables,  orificios ou guías que nos ofrecen diferentes métodos de ordear a instalación do cableado estruturado do Rack.