Saltar navegación

Configuración automática

Os centros teñen a posibilidade de configurar un servizo de DHCP, para que  todos os dispositivos poidan obter o seu direccionamento IP de xeito dinámico (DHCP). (Agás aqueles que requiran unha IP estática :servidores, impresoras, ...)

Neste caso o centro tería que:

  1. Solicitar a activación do servizo DHCP á UAC
  2. Seleccionar na configuración de rede de cada equipo as opcións de “Obter a IP dinamicamente” e “Obter DNS dinamicamente”

 

Dita posibilidade (solicitar e empregar o servizo DHCP corporativo) só deberá ser solicitada por centros que non teñan activo un servizo DHCP interno que poda interferir co servizo corporativo.