3.1 O equipo do profesor (servidor)

  O equipo do profesor (servidor)

EDIXGAL

Para acceder ao Epoptes debemos ir ao menú de Internet >> Epoptes

    

Pantalla profe

   

Unha vez que configuremos os clientes estes aparecerán no programa.

  • Barra de accións
  • Columna de grupos
  • Espazo no que se mostrarán os equipos cliente

      

Barra de accións

     

iconas epoptes

    

Nela atópanse as distintas opcións que poderemos executar sobre os equipos cliente, xa sexa de maneira masiva como puntualmente a un deles. Estas accións son:
  

  • 1 Arranque remoto --> Non dispoñible en aulas Edixgal. Só dispoñible para equipos conectados por cable e debidamente configurados.
  • 2 Pechar sesión --> Mostrarase a pantalla do sistema solicitando usuario e contrasinal
  • 3 Reiniciar --> Executará a acción de reinicio do sistema
  • 4 Apagar --> Apagará o equipo
  • 5 Visualizar/Capturar o equipo remoto --> Mostrará a pantalla completa o escritorio seleccionado ou en caso de tomar o control permitirá interactuar co equipo remoto, mover o seu rato e executar as súas aplicacións
  • 6 Difundir a súa pantalla aos alumnos seleccionados --> Permite que os alumnos seleccionados vexan a pantalla do profesor.
  • 7 Escoller entre difundir a pantalla completa ou en ventá --> Especifica se os alumnos verán a pantalla do profesor en pantalla completa ou en ventá cando se comparta a pantalla. 
  • 8 Deter todas as difusión en todos os clientes --> Deixa de compartir a pantalla do profesor con todos os alumnos cos que se estivera a compartir.
  • 9 Executar unha orde --> Permite a execución remota de comandos (Por exemplo, abrir o navegador executando firefox)
  • 10 Enviar mensaxes --> Abrirá unha xanela nos equipos cliente mostrando o texto que se estime oportuno
  • 11 e 12 Trancar/Desbloquear --> Dá a posibilidade ao docente de bloquear/desbloquear os equipos dos alumnos, mostrando unha pantalla cun cadeado a cal impide interactuar con ningún dos elementos do escritorio, ata que se pulse a opción de desbloqueo
  • 13 Obter información do equipo --> Amosa datos do ordenador, tales como Hostname, enderezo MAC, Alcume, etc...
    



EDIXGAL

Última modificación: Mércores, 20 de Marzo de 2024, 13:07