4.2 Instalación nos equipos dos alumnos (clientes)

  Instalación nos equipos dos alumnos (clientes)

EDIXGAL

   

Instalación dos equipos clientes

Para realizar esta instalación é necesario dispoñer de permisos de administrador no equipo, polo que o primeiro paso será identificarnos como "root" en cada un dos equipos.  


Iniciamos una sesión no terminal como "root"

   

Abrimos un terminal e tecleamos o seguinte comando, para identificarnos como "root":

su -

   

su -

   

Ao pulsar a tecla ENTER (para confirmar o comando) pediranos que introduzamos o contrasinal (password) do usuario "root". O contrasinal que debemos introducir será toor:

toor

   

password

NOTA: Mentres introducimos o contrasinal, o terminal non mostra ningún dos caracteres tecleados, polo que pode dar a impresión de que non está escribindo nada, pero en realidade non é así.

Despois de introducir o contrasinal, pulsamos a tecla "ENTER" para confirmar. Se introducimos correctamente o contrasinal, o terminal mostrará o caracter "#" para indicar que a partir dese momento estaremos traballando con permisos de administrador.

     

root


Instalación do cliente EPOPTES nos equipos dos alumnos.


Antes de iniciar o proceso de instalación, é recomendable actualizar a lista de paquetes dispoñibles usando o comando:


apt update

update


E logo premer ENTER para confirmar o comando.


A continuación, para realizar a instalación do programa cliente de epoptes tecleamos o seguinte comando no terminal:


apt install epoptes-client


instalación


Despois de pulsar "ENTER" para confirmar o comando, iníciase a instalación. Pouco despois de iniciar esta instalación pediramos confirmación para continuar;  neste momento debemos premer a tecla "S" ou ENTER para permitir que a instalación continúe.


confirmar


  Editar a configuración do cliente EPOPTES.


A continuación, debemos editar ou crear o fichero /etc/default/epoptes-client co comando:


nano /etc/default/epoptes-client


editar default


IMPORTANTE: Este ficheiro non existe na maqueta recién instalada. O comando anterior creará o ficheiro cando gardemos o contido do editor nano.


No editor escribiremos unha única liña que conterá:

SERVER=server.local


SERVER


Logo usaremos a combinación de teclas "CTRL+O" e premeremos ENTER para gardar o contido do novo ficheiro e finalmente a combinación "CTRL+X" para pechar o editor.

Nota: En caso de que o ficheiro /etc/default/epoptes-client xa existira, bastará con que deixemos a liña indicada na parte superior, podendo borrar o resto do contido.


Finalmente, como último paso, debemos obter os certificados SSL do ordenador do profesor. Para iso tecleamos a seguinte orde:

 

epoptes-client -c


descargar certificado


E comprobamos que o resultado é satisfactorio:


certificado descargado

   

E xa por último reiniciamos o equipo. 

Despois do reinicio, este equipo debería aparecer xa no programa epoptes no ordenador do profesor.

    



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Marzo de 2024, 13:09