2.2. Modificación dun tema SMART de NETEX

  Modificación dun tema SMART de NETEX

EDIXGAL

Modificar os contidos dun tema Smart (Netex)

O primeiro que debemos ter en conta é que as modificacións, adaptacións ou cambios que desexemos introducir nos temas  Smart (Netex) non se realizan sobre unha copia do tema (como no caso de aulaPLANETA) senón que todas as modificacións que realicemos serán introducidas directamente no tema orixinal.

Neste sentido, é importante recordar que se os nosos alumnos xa acceden actualmente ao tema que desexamos modificar, os propios alumnos poderán visualizar en tempo real os cambios que estamos introducindo en cada momento.

Tendo en conta todo o anterior, estes serán os pasos a realizar para introducir modificacións nos temas Smart.

 

1. En primeiro lugar accedemos á nosa materia e Iniciamos o tema da forma habitual, facendo clic sobre el para que se abra a pantalla completa.

Iniciar o tema

 

2. A continuación entramos (facendo clic) no apartado ou sección que desexemos modificar.

Sección que se quere modificar

 

Despois de acceder á sección, pulsaremos o botón de "Editar" situado na esquina superior dereita do tema, que activará as funcionalidades de edición directamente sobre os contidos.

Os textos e as imaxes son modificables directamente pulsando sobre eles, de maneira que con só facer clic sobre o elemento que queiramos editar podemos introducir directamente os cambios que desexemos.

 

Editar contidos Smart



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:21