1.5. Introducir cambios na versión personalizada do tema

  Introducir cambios na versión personalizada do tema

EDIXGAL

Editar a versión personalizada do tema


Importante

IMPORTANTE.
Debemos ter presente que todas as instancias dunha mesma copia personalizada dun tema (a mesma copia personalizada engadida en varias materias pertencentes ao mesmo profesor) están vinculadas entre si, de maneira que se facemos cambios ou modificacións nunha delas, estes cambios veranse reflectidos tamén en todas as demais instancias desa copia personalizada.


Cando pulsamos o botón "Editar"editarsobre unha unidade de aulaPlaneta modificada, o comportamento é diferente de cando pulsamos ese mesmo botón sobre a unidade orixinal.

  • BotónBotón editarsobre unha unidade orixinal = realiza unha copia da unidade. Aparecerá un cadro de diálogo que nos pedirá que cambiemos o nome da unidade e activará as ferramentas de edición.
  • BotónBoton editarsobre unha unidade modificada = só activa as ferramentas de edición, non sendo necesario darlle un novo nome á unidade.


Modo edición



Importante O tema orixinal de Aula Planeta sempre estará dispoñible na pestana da editorial. Cando modificamos un tema, modificamos unha copia personalizada del, non é posible modificar a versión orixinal.


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:19