1.3. Crear unha versión dun tema de aulaPLANETA

  Crear unha versión dun tema de aulaPLANETA

EDIXGAL

Crear unha versión dun tema de aulaPLANETA

As unidades de aulaPLANETA permítenlle ao profesorado crear a súa propia versión de cada unidade, personalizando e modificando os contidos para adaptalos ás súas preferencias e necesidades.

Neste sentido, o primeiro que debemos facer será crear unha copia da unidade orixinal que desexemos adaptar, da seguinte maneira:

1 Iniciamos o tema que desexamos adaptar, do xeito habitual.

Iniciar o tema 


2 A continuación pulsaremos no botón do lapis  que podemos atopar na parte superior dereita de cada tema. Debemos ter en conta que este botón só aparecerá se estamos accedendo ao tema co perfil de profesor. Este botón non se mostra no caso de acceder ao tema co perfil de alumno.

Modificar o tema   


 

3 Despois de pulsar o botón do lapis, ábrese un novo recadro emerxente que nos pide un “Título”, un nome para identificar a esta copia do tema que se vai crear. Podemos poñer o título que queiramos e incluso podemos usar o mesmo título que o orixinal, xa que a aplicación engadirá automaticamente un código similar a "{Prof. 33215}" detrás do título que decidamos poñerlle.

É dicir, se nós decidimos chamarlle a esta copia “O ser humano”, a aplicación gardará a copia co nome de “O ser humano {Prof. 33215}”.


Diálogo editar unidade 

    

NOTA: Se marcamos a opción "Compartir co profesorado do meu centro", calquera outro docente do noso mesmo centro educativo poderán engadir esta copia personalizada nas súas materias.

 


Importante

Ao pulsar o botón "Aceptar" a aplicación garda esta copia personalizada no repositorio e simultaneamente substitúe o tema orixinal que ata o momento estaba incluído na nosa materia por esta copia personalizada do tema, de forma automática.

Desta maneira, se accedemos agora á nosa materia, veremos que en lugar do tema orixinal que tiñamos de aulaPlaneta na nosa materia agora aparece a nosa copia personalizada que acabamos de crear.



Agora estamos xa no modo de edición. É moi importante que lembremos gardar os nosos cambios premendo sobre o botón "Aceptar" antes de pechar esta pestana:

Modo edición

Se entramos nunha sección do tema e prememos sobre un elemento do contido, aparecerá a ferramenta de edición, que ten as seguintes funcións:

Ferramenta edicion

Ademais, na parte inferior e superior do elemento seleccionado aparecerán dous símbolos "+" que nos permitirán engadir varios tipos de recursos:

Engadir recursos



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:18