1.2. Estrutura das unidades de aulaPlaneta

  Estrutura das unidades de aulaPlaneta

EDIXGAL

Que estrutura teñen as unidades de aulaPlaneta?

As unidades de aulaPlanetaLogo unidadepresentan estes tres bloques na súa parte superior:

Cabeceira dunha unidade

  • Uno Este bloque contén un botón índiceBotón índiceque presenta un índice navegable da unidade cando prememos nel:

Índice

E o botónBotón guñiaque da acceso á Guía Didáctica da unidade:

Guía didáctica

  •  Dous Este segundo bloque divide a unidade nos seus tres apartados principais:
    1. Actividades: Da acceso ás Actividades e aos Recursos presentes na unidade.
    2. Área de Traballo: Área unificada na que atopamos nun só espazo todos os elementos que forman parte da unidade. Este é o apartado que se presenta por defecto.
    3. Caderno: Correspóndese coa visión da unidade que ten o alumnado. É a sección que empregaremos para explotar a unidade na aula.

En calquera dos apartados anteriores, na parte inferior, disporemos tamén dun índice de seccións que dará acceso ao contido de cada sección premendo na icona correspondente:

Seccións

Cando entramos nunha sección, teremos a opción de engadir comentariosBotón engadir comentarioao bloque correspondente ou de inserir recursos directamente na nosa materia empregando o botónEngadir recurso a moodle:

Engadir notas a Moodle

  • 3  O terceiro bloque permite:
    1. Usar a icona Botón vistas para alternar entre a vista de profesor e a de alumno:
    2. Vista profe alumno

    3. Usar a icona Botón edición para activar o modo de edición da unidade.
    4. Usar os tres puntos do estremo dereito para
      • Sincronizar a nosa unidade coa última versión do contido de aulaPlaneta.
      • Botón compartir a unidade con outros profesores do centro:

Compartir


      • Usar o botónXerar PDF para xerar una versión en pdf da unidade que poderemos descargar.



Importante  Non debemos esquecer o botónAxudana parte inferior dereita, que da acceso ao sistema de axuda.


 

EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:17