9.7. Imaxe oculta

  Imaxe oculta

EDIXGAL

Imaxe oculta

Imaxe oculta

O xogo de imaxe oculta descobre cada parte dunha imaxe por cada pregunta correctamente contestada polo estudante.

Cada número no xogo de imaxe oculta mostra unha pregunta ao estudante de forma tal que, cando o estudante contesta correctamente á pregunta, o número destápase para mostrar unha parte da imaxe.

  

Consideración previas

Funciona con glosario, preguntas e cuestionario.

Creación do glosario, cando se crea ten que ter as seguintes opción: Glosario principal e en aparencia simple, estilo dicionario.

Sobre as preguntas: Funciona cos seguintes tipos de pregunta; verdadeiro/falso, resposta curta e opción múltiple

    

Pasos para crear un xogo Imaxe oculta

 

Imaxe escondida

 

  1. Actívase a edición.
  2. Engádese unha actividade ou recurso.
  3. Elíxese  a opción de Imaxe oculta.
  4. Prémese en engadir.

  

Xeral

Ponse o nome ao xogo.

Elíxese a orixe das preguntas: glosario, preguntas ou cuestionario.

Na opción de seleccionar un glosario, si este está estruturado por categorías poderíase elixir unha delas.

Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando se elixe a opción de preguntas, permite  acceder ao banco de preguntas do curso.

Incluír subcategorías: Permite elixir subcategorías se existiran.

Selección cuestionario: Permite elixir entre os cuestionarios elaborados.

Numero máximo de intentos. Pódese poñer un numero máximo de intentos.

       
Opcións do xogo

  • Celas horizontais: Permite elixir o número de columnas en que se divide a imaxe.
  • Celas verticais: Permite elixir o número de filas que contén a imaxe.
  • O glosario para a pregunta e imaxe principal: Definiremos o glosario onde tomará a pregunta que deberá conter a imaxe que se utilizase como imaxe oculta e que será a que deberemos de adiviñar. No glosario a imaxe debe de estar establecida como arquivo adxunto.
  • Establecer o ancho da imaxe: Permite definir o ancho da imaxe.
  • Establecer o altura da imaxe:: Permite definir a altura da imaxe.
  • Permitir espazos nas palabras: Permite espazos entre palabra.



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 9 de Setembro de 2023, 15:31