8.3. Como se usan e xestionan as insignias (distincións)

  Como se usan e xestionan as insignias (distincións)

EDIXGAL

Como se usan e xestionan as insignias (distincións)

O alumnado pode consultar en calquera momento as distincións que están habilitadas para a materia desde o menú de materia “Distincións".

Desde esta pantalla o alumno pode ver a lista de distincións dispoñibles para esta materia en concreto, así como a descrición de cada unha delas e os criterios para poder conseguilas. Na columna da dereita tamén se informa ao usuario cales distincións xa ten conseguidas e cales non.

Trátase, polo tanto, dunha pantalla informativa que lle mostra ao alumno as posibles distincións que podería conseguir nesta materia en concreto.

 

 Distincions da materia alumnado

 

Segundo vaian cumprindo os criterios definidos para cada distinción, o alumnado irá recibindo estas distincións (medallas, insignias, ...) e pasarán a mostrarse no seu perfil de usuario. O perfil de cada estudante pode ser consultado polos seus compañeiros da clase, polo que resulta bastante motivador mostrar as distincións conseguidas no perfil de usuario.

 

Como se xestionan?

 

Os docentes con rol de profesor na materia poden xestionar as distincións propias da materia desde o seguinte menú de materia "Distincións", premendo sobre o botón "Xestionar as insignias".

Xestionar distincións

Desde esta pantalla o profesorado pode realizar as seguintes accións:

  • Desactivar acceso.
    Desactiva o acceso a esta distinción para o alumnado, de maneira que a distinción continúa creada pero os alumnado non a pode ver nin pode acceder a ela.
  • Asignar destinatario(s)
    Mostra unha listaxe dos usuarios matriculados na materia, desde o que podemos asignar esta distinción a calquera deles.
  • Editar
    Edita os detalles da distinción. No caso de que esta distinción xa estea asignada a algún alumno, non se poderán cambiar os criterios.
  • Copiar
    Realiza unha copia desta distinción (un duplicado) neste mesma materia. Con esta funcionalidade podemos crear rapidamente unha nova distinción a partir de calquera das que xa están creadas.
  • Eliminar
    Borra completamente a distinción.

  

Xestionar distincións 

 Cando pulsamos sobre a opción "Destinatarios ", preséntase en pantalla un listado con todos os usuarios matriculados na materia (profesorado + alumnado) desde o que se pode asignar facilmente a distinción a calquera deles.

 

Recibir distinción 

 

 



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 9 de Setembro de 2023, 15:26