2.1. Como engadir un tema SMART de NETEX

  Como engadir un tema SMART de NETEX

EDIXGAL

Como engadir un tema Smart (Netex)

Unha vez que accedemos ao EVA Abalar, seleccionamos a materia na que imos publicar o contido. A continuación podemos engadir un tema de Netex-Smart desde a banda de solapas superior, ou bem arrastramos á dereita o botón "Modo de edición" que atoparemos na parte superior dereita da pantalla.

 

Insertar contido Netex

 

Engadir un tema Netex-Smart desde "Activar edición"

Despois de activar o "Modo edición", pulsamos sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" no tema da nosa materia onde queiramos inserir o recurso.

 

Engadir actividade ou recurso

 

Feito isto, aparecerá un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversos recursos e actividades, entre os que atoparemos os recursos de "AulaPlaneta" e mais os de "Smart ClassRoom".

 

Engadir libro Netex

 

Engadir un recurso Smart ClassRoom

Cando seleccionamos a opción Smart ClassRoom Smart ClassRoom móstrasenos un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversas criterios de busca que nos levarán a atopar o recurso en concreto que estamos buscando.

Cadro de diálogo Netex Smart

 

Despois dos pasos anteriores, só nos queda pulsar o botón "Gardar e volver á materia" ou o botón "Gardar e mostrar" que aparecen no fondo da páxina.

 



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:20