Titorías

Solicitude de titorías co profesorado

Dende o apartado “Titorías” pódense concertar titorías cos/as docentes do/a alumno/a sempre que teñan habilitada esta funcionalidade. Ademais da funcionalidade haberá que coñecer a dinámica do centro para realizar esta solicitude (se a solicitude se realiza a través da persoa titora ou ben se se pode realizar unha petición individualizada). Tamén poderá anular as citas xa confirmadas.

Titorías

Ao premer en “Titorías” accédese á pantalla coas citas de titorías solicitadas. No caso de non ter ningunha aparecerá en branco.

Inicio titorías

Cadro docente

Ao premer no símbolo + (arriba á dereita) accédese ao cadro de docentes.

    Cadro docente

    Solicitude

    Unha vez que se preme nun docente poderase especificar día e hora solicitada, haberá que engadir a xustificación da solicitude. Ao rematar premer en Aceptar.

    Solicitude titorías

    Cita solicitada

    Unha vez solicitada a titoría poderase anular a mesma ou engadir unha nova solicitude.

      Solicitude pendente

      Unha vez confirmada a petición de “Titoría”, recibirase confirmación ou anulación por parte do/a docente ou poderase anular e/ou modificar a petición.

        abalarMóbil         

      Última modificación: Martes, 22 de Novembro de 2022, 14:04