Mensaxería

Comunicación co profesorado

A opción “Mensaxería” é unha funcionalidade que permite recibir mensaxes e, de ser o caso, poder responder a esas mensaxes. Esta posibilidade depende principalmente se o/a docente que envía a mensaxe nos habilita esta opción ou se se participa nunha das opción de mensaxes non privadas ou unha sala de chat.

Tipos de mensaxes:

  • Privada: Comunicación privada entre o/a docente e as persoas responsables do/a alumno/a.
  • Non privada: Comunicación común e pública para o grupo/aula.
  • Sala de chat: Comunicación coas persoas que o desexen do grupo

Mensaxes recibidas

Ao premer en “Mensaxería” accédese ás mensaxes recibidas.

Lista de mensaxes

Detalle da mensaxe

Ao premer nunha das mensaxes verase a mensaxe completa.

No caso de estar habilitada a posibilidade de resposta á mensaxe recibida, aparecería aquí a opción de escribir a mensaxe.

    Detalle das mensaxes

      abalarMóbil         

    Última modificación: Martes, 22 de Novembro de 2022, 13:36