Faltas de asistencia e conduta

  Faltas de asistencia e xustificación

Desde o apartado de “Faltas” pódese acceder ás faltas de asistencia e de conduta do alumno/a. Ademais, pódese consultar o estado das mesmas, e poderase xustificar as que se atopen en estado pendente (no caso de que o/a docente teña activada esta posibilidade). Tamén verá a evolución do estado das faltas. Este estado irá cambiando e visualizarase no círculo que aparece ao carón de cada falta tendo en conta que cada círculo ten significados diferentes:

  • Vermello: Falta pendente de xustificar.
  • Laranxa: Falta xustificada polas persoas responsables pero que aínda non foi aprobada polo/a docente.
  • Verde: Falta xustificada polo/a docente.
  • Gris: o/a docente non ten activado o servizo de xustificación de faltas de asistencia.


Aviso de falta   Ver detalle da falta   Ver detalle da falta segunda parte

Ao entrar no perfil do/a alumno/a poderase ver se hai novidades.

 

Aparece a lista de faltas de asistencia (o día e hora) ademais do estado da mesma.

 

Ao premer na falta poderase ver o detalle da mesma. Para xustificala pola aplicación premer en Xustificar.


Xustificación da falta   Cambio de estado da falta   Filtrar por tipo de faltas

Poderase inserir texto para xustificar a falta ou adxuntar (premendo na imaxe do clip) unha fotografía que xustifique a falta (parte médico, asistencia a unha consulta,...). Premer finalmente en Aceptar.

 

Ao rematar o paso anterior a falta xa aparece pendente de xustificar polo centro.

 

Poderase acceder ás diferentes faltas premendo na icona da dereita que vai permitir filtrar por tipo de falta.

O chat permite enviar mensaxes, ligazóns, ademáis acceder á configuración do propio chat.

As mensaxes enviadas polo profesorado móstranse con fondo azul.
As mensaxes recibidas dos demáis usuarios móstranse con fondo gris.

O límite de caracteres dunha mensaxe é de 1000, e iranse descontando visualmente mediante un contador preto da zona de escritura, a medida que se escribe.

Faltas de conduta.

Dende o mesmo apartado de “Faltas” poderase ver se o/a alumno/a ten marcadas “Faltas de conduta”. 

No caso de haber algunha falta aparecerá na pantalla. No caso de non ter ningunha aparecerá como se ve na imaxe.

  abalarMóbil         

Última modificación: Martes, 22 de Novembro de 2022, 11:12