Descarga, instalación e acceso

  Descarga, instalación e acceso

Unha vez descargada a aplicación de abalarMóbil , o primeiro paso será realizar o rexistro creando o usuario e o contrasinal para poder acceder. Este paso só hai que facelo a primeira vez, cando se descarga a aplicación.

Nota:

É importante que os datos das persoas responsables do alumnado figuren actualizados na secretaría do centro e no sistema de xestión XADE para poder acceder ás funcionalidades da aplicación.

Pódese descargar a aplicación en varios dispositivos, por exemplo no teléfono móbil e na tablet. Neste caso haberá que ter en conta o seguinte:

  • Unha vez finalizado o rexistro no primeiro dispositivo poderase proceder ao rexistro no seguinte dispositivo elixido, utilizando o mesmo número de teléfono.
  • Por motivos de seguridade solicítase un novo contrasinal.
  • Se desexa rexistrar máis dun dispositivo, o último contrasinal elixido será o establecido e co que se accederá desde calquera dos dispositivos.
  • Se se realiza un novo rexistro e aínda se conserva activa a sesión dalgún outro dispositivo, deberase volver a identificar co novo contrasinal.

Habilitar notificacións   Escribir número de teléfono   Enviar o número de teléfono

Poderanse habilitar as notificacións da aplicación.  Esta opción facilita a recepción de avisos da aplicación.

 

O primeiro será introducir o  número de teléfono.

 

Unha vez introducido o  número pulsar en “Enviar”.

Recibe SMS   Escribir o código recibido   Introducir contrasinal

Recíbese por SMS o código de seguridade.

 

Introducir o código recibido e premer en Enviar.

 

Solicítaselle un contrasinal, que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberase escribilo nos dous recadros e pulsar en “Aceptar”.

Rexistro completo

Xa está o proceso de rexistro completado. A continuación pulsarase en “Continuar”.


Confirmación de rexistro completado

Acceso á aplicación

A partir deste momento, cada vez que se desexe acceder a abalarMóbil deberase introducir o contrasinal elixido, excepto se se marca a opción "Lembrar contrasinal", que soamente se deberá introducir unha vez ao mes.

Escríbese o contrasinal, marcando a opción "Lembrar contrasinal" e púlsase en “Aceptar”.







Autenticación e lembrar contrasinal

Cada vez que se intenta acceder a abalarMóbil realízase un control de versións:

  • Se existe unha nova versión obrigatoria, non é posible continuar ata realizar a actualización.
  • Se existe unha nova versión opcional, poderase actualizar ou continuar.

  abalarMóbil         

Última modificación: Venres, 11 de Novembro de 2022, 07:14