Pasos para o pago sen certificado dixital

Importante. O pago a través deste servizo é posible sen dispoñer de certificado dixital. Unha vez rematado o proceso deberá facer chegar ao centro o xustificante de ter realizado o pago.

Pantallazo da web de ATRIGA

1.- Unha vez que se dispoña do xustificante de pago (accesible desde o apartado de Servizos complementarios - Comedor de espazo Familias ou ben se nolo facilita o propio centro) acceder a esta web da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA):

 https://ovt.atriga.gal 

Premer no apartado Cidadáns.

Pantallazo do apartado Cidadáns

2.- Premer no apartado Iniciar taxa.

Pantallazo de iniciar taxa en modo acceso libre

3.- Premer no candado aberto que significa Acceso libre ao servizo.
Pantallazo de inicar taxa no sistema de pago


4.- Premer en Iniciar taxa.

Pantallazo cos datos de autoliquidación

5.- Introducir os seguintes datos no formulario:

  • Seleccionar 07 - Consellería de Cultura, Educación e Universidade
  • Seleccionar a Delegación que corresponda
  • Seleccionar 01 - Secretaría
  • Seleccionar a Taxa 352800 – Comedores escolares.
  • Especificar o Obxecto do pago. Poderase empregar o modelo :
    • PAGO DE xx DÍAS DO COMEDOR ESCOLAR DO MES DE xxxx DO/A ALUMNO/A xxxx
  • Introducir a contía a ingresar.
  • Premer en Continuar

Pantallazo do pago en ATRIGA cos datos da persoa pagadora

6.- A continuación debe cubrir os datos identificativos da persoa que vai facer o ingreso. Premer en Continuar para seguir co proceso.

Pantallazo para o inicio do pago telemático

7.- Premer en Pago Telemático.

Pantallazo para a confirmación do procedemento de pago

8.- A aplicación pide Confirmar  o procedemento de pago.

Pantallazo co código para consultar o procedemento de pago

9.- A aplicación facilita uns códigos que permitirán consultar ou retomar a tramitación da taxa en caso de erro ou interrupción. Premer en Aceptar para continuar co procedemento.

Pantallazo para a selección do modo de pago con tarxeta

10.- Haberá que seleccionar o modo de pago (Tarxeta) e poderase comprobar o importe a ingresar e os datos da operación.

Pantallazo para a comprobación dos datos e continuar co proceso de pago.

11.- Unha vez comprobados os datos premer en Continuar.

Pantallazo para ingresar o pago a través da pasarela da tarxeta bancaria

12.- Unha vez comprobados os datos premer en Ingresar.

Pantallazo advertencia pago por TPV

13.- Antes de continuar o proceso hai un aviso para realizar o pago a través de TPV. Premer en Aceptar.

Pantallazo do sistema de pago por internet con tarxeta

14.- O seguinte paso é ir completando o sistema de pago a través da tarxeta. As entidades bancarias teñen os seus propios sistemas de seguridade para a realización dos pagos por internet. Neste caso seguir o procedemento da propia entidade bancaria. Premer en Aceptar ao rematar.

Pantallazo de confirmación do pago.

15.- Ao finalizar o proceso haberá un aviso do remate do mesmo. Hai que premer en Continuar para acceder ao xustificante de pago.

Ilustración para descargar xustificante.

16.- Antes de saír da aplicación deberase Descargar xustificante para enviar ao centro educativo.


Última modificación: Xoves, 20 de Abril de 2023, 11:59