Como realizar a conexión coa maqueta Abalar

  Como realizar a conexión coa maqueta Abalar


importante


Configurar a rede 

O primeiro é coñecer como configurar a rede e como acceder para modificar e eliminar a rede (se fose preciso)

Premer no menú "Aplicativos (situado na marxe inferior esquerda) - Sistema - Conexións de rede". 

abalar

   

En rede sen fíos, se aparece xa ‘edu.xunta.gal’ , poderase eliminala, se non, dirixirse directamente á icona de rede na marxe inferior dereita, facendo clic, veranse as redes dispoñibles 

abalar

Datos de configuración da rede. 

  • Seguridade inalámbrica: WPA & WPA2 Enterprise 
  • Autenticación: TLS por medio de túnel 
  • Marcar o check de Non se precisa certificado CA 
  • Autenticación interna: PAP (por defecto aparece Mschapv2, débese cambiar no despreglable) 
  • Nome de usuario: conta usuario/a (sen @edu.xunta.gal) 
  • Contrasinal: contrasinal da conta 

 Hai que ter en conta que cando se cambie o contrasinal en contausuario para as aplicacións corporativas, tamén é preciso cambialo nos dispositivos que teña a rede ‘edu.xunta.gal’ configurada.

abalar

No caso de ter problemas, probar a eliminar a conexión tal e como se indica inicialmente e gardar unha nova. 

abalar


 

  WiFi edu.xunta.gal      

Última modificación: Martes, 18 de Outubro de 2022, 09:14