3.10. Avaliación por pares

  Avaliación por pares

   

Avaliación por pares

Esta funcionalidade permite que os avaliadores de pares poidan dar unha retroalimentación a cegas nunha páxina, sobre o autor e sobre a estrutura da propia páxina.

O avaliador por pares pode ver o autor da páxina e os encabezados dos bloques que contén a páxina, pero en ningún caso pode ver o contido dos propios bloques. Se o portafolio consta de varias páxinas e unha delas non contén o bloque de avaliación por pares, o avaliador por pares non pode ver ningún tipo de contido desa páxina en absoluto.

No modo de edición da páxina, selecciona o bloque "Avaliación por pares" e introdúceo en algún sitio dentro da páxina.

    

avaliar por pares

Podes, se o desexas, escribir as instrucións que consideres necesarias para que as teña en conta o avaliador por pares.

      

avaliar por pares

Despois de introducido na páxina, o bloque móstrase tal como se ve na seguinte imaxe.

    

avaliar por pares

A continuación, na opción de "Compartir" da páxina deberás seleccionar o(s) usuario(s) que desexes que realicen o papel de avaliador por pares. Deberás seleccionar o usuario e tamén a opción de rol "Rol de par" para que o usuario poida realizar esta acción.

    

Rol de par

Finalmente, cando o(s) usuario(s) designado por ti como avaliador por pares acceda á páxina, poderá realizar os seus comentarios pulsando sobre o enlace "Engadir avaliación por pares" tal como se ve na seguinte imaxe.

avaliacion por pares


        

  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 12:06