6.2. Procedemento para insertar as actividades H5P

   Procedemento para inserir as actividades H5P

EDIXGAL

Actividades H5P no banco de contidos.

Despois de crear as actividades H5P, a próxima vez que visitemos o banco de contidos podemos ver que están almacenadas e dispoñibles para o seu uso.

  

Banco de contidos


Insertar unha actividade H5P desde o banco de contidos

Para inserir unha actividade H5P que xa temos creada no banco de contidos, debemos inserir esta actividade como ficheiro.

En primeiro lugar, escollemos a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" e a continuación seleccionamos a opción "Ficheiro".

   

Insertar ficheiro

O seguinte paso será facer clic sobre a icona "Ficheiros" e escoller o menú titulado "Content bank". Dentro da sección "Content bank" (Banco de contidos)  podemos atopar todos os contidos de tipo H5P que creamos anteriormente.


Seleccionar o ficheiro H5P

O último paso será facer clic sobre o ficheiro do contido que desexemos incorporar.

    



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:21