6.1. Como crear unha actividade H5P

   Creación de actividades H5P

EDIXGAL

A ferramenta interactiva H5P

H5P é a abreviatura de "HTML5 Package".

A ferramenta interactiva H5P é unha utilidade integrada no EVA online Edixgal que permite crear unha gran variedade de contidos interactivos como xogos, presentacións, vídeos interactivos, etc ..., así como tamén permite incorporar diferentes tipos de avaliacións para este tipo de actividades.


Como engadir unha actividade H5P

En primeiro lugar, activamos a edición  Activar edición (botón " Activar Edición") e a continuación facemos clic sobre o enlace "Engadir unha actividade ou recurso" no tema ou sección onde desexamos inserir esta nova actividade H5P.

   

H5P

     

As actividades de tipo H5P están localizadas no chamado "Banco de contidos", polo que o seguinte paso será facer clic sobre o enlace titulado "Banco de contidos", que nos abrirá unha nova xanela para seleccionar a actividade concreta que desexamos inserir.

    

H5P

   

O Banco de contido ábrese nunha nova ventá, onde podemos seleccionar, crear e editar os contidos H5P. Tamén podemos subir contidos xa feitos ou seleccionar calquera dos que xa temos gradados previamente neste Banco de contidos.

     

Banco de contidos

   

No despregable que se nos mostra, seleccionamos o tipo de actividade H5P coa que desexamos traballar e finalmente só nos queda configurar e introducir os datos necesarios que nos pide a actividade que acabamos de seleccionar.

     



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:20