5.10. Compartir un vídeo externo

   BigBlueButton: Compartir un vídeo externo

EDIXGAL

BigBlueButton

O presentador pode, a maiores de amosar a súa cámara web, a presentación ou a súa propia pantalla, presentar un vídeo externo para compartir cos demais participantes. Para facelo debe picar sobre o botón de accións


A continuación ábrese un cadro onde indicar a URL (o enderezo) do vídeo en internet, que pode ser de Vimeo, Youtube, Instructure, Twictch ou Daily Motion.

Compartir vídeo externo

   

Compartindo un vídeo a través desta opción de BigBlueButton o presentador pode controlar a reprodución do mesmo, iniciando, detendo, reiniciando etc. segundo o seu criterio.

Desta maneira pode ir comentando, resaltando ou aclarando o contido audiovisual de xeito dirixido dado que tamén a imaxe da súa cámara e o son do seu micrófono emítense simultaneamente.

      

Compartindo video externo



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 19 de Xaneiro de 2023, 10:19