Axustes e configuración

  Axustes e configuración


Axustes


  • Seleccionar o idioma da aplicación: Galego / Español. 
  • Amosar o texto legal 
  • Amosar información da aplicación 
  • Modificar o PIN de acceso 
  • Configurar o PIN de acceso 
  • Pechar sesión



Información da aplicación



A información sobre a aplicación amosa a versión da app e a do sistema operativo do dispositivo.
Ademais disto terase acceso directo ao aviso legal e política de privacidade e á información de contacto mediante as correspondentes ligazóns.


Cambiar PIN


A pantalla de cambio de PIN permite modificar o código de acceso. Débese introducir o PIN actual e seguidamente o PIN novo, e automaticamente o PIN será cambiado


Configurar PIN


O PIN solicítase sempre que se activa a aplicación, ben sexa porque se abre por primeira vez ou ben sexa porque estaba en segundo plano.

Na pantalla de configuración do PIN pódese modificar o intervalo de tempo que deberá transcorrer desde a última vez que se introduciu o PIN ata que se volva a solicitar.

  • Cada 15 minutos 
  • Cada 30 minutos 
  • Cada 60 minutos 
  • Sempre
Tamén se poderá activar nesta pantalla a opción de autenticación mediante os sensores biométricos do dispositivo, polo cal non sería preciso introducir o PIN de maneira manual.


  abalarPRO         

Última modificación: Venres, 12 de Marzo de 2021, 19:45